Se muestran los artículos pertenecientes a Mayo de 2005.

03/05/2005

Post do día 30

Escollín o tema da radio, porque creo que é un medio moi especial, onde as cousas se contan de maneira máis cercana e inmediata e onde se suxiren máis imaxes que en calqueira dos outros medios, chamados audiovisuais.
Ademáis pareceume interesante centrarme na programación nocturna, porque non sabía apenas nada dela e sempre me chamou a atención o ton íntimo que cobra a radio a esas horas.
Pois ben, resultou ser un tema bastante orixinal pois é bastante complicado atopar información concreta sobre él na rede, e moito menos en galego.
Un detalle que me pareceu curioso ó tempo que alarmente foi a pouca información que existe na rede sobre as emisoras galegas que, no caso de teren páxina web, non amosan grande interese en falar dos seus programas para darse a coñecer ós posibles oíntes.
Tampouco hai un gran número de blogers especializados no tema da radio, eu en concreto atopei dous, dos cales un deixou de publicar fai semanas.
As páxinas máis interesantes e que me serviron máis foron as das emisoras españolas (de Galicia só atopei unha que falara do contido dos seus programas: a RTVG) e algunha de revistas adicadas ó tema da radio.
Últimamente tamén descubrín varias autoridades que falan sobre a radio, relacionándoa coas persoas, culturas, labores sociais... Espero atopar nas súas teorías referencias á franxa nocturna e inda teño a esperanza de seguir o meu obxectivo inicial de centrarme na radio en Galicia.
Un saúdo.
03/05/2005 13:14 Enlace permanente. Hay 1 comentario.

A federación de Asociacións de Radio e TV concede as 33ª Antenas de Ouro

A Federación de Asociacions de Radio e Televisión, distinguíu con tres galardons a Punto Radio. Os prestixiosos premios recoñeceron la traxectoria profesional de Javier Fernández Arribas, xefe dos Servicios Informativos da cadea radiofónica, e o labor de Josep Pedrerol e José Ramos Marcos, polo magazín nocturno El mirador del deporte.Además, o xurado premiou no apartado de emisoras locais o espazo «La Ciutat de tots», que presenta Albert Castillón en Punto Radio en Cataluña.
Na modalidade de radio tamén foi recoñecido o programa La brújula, de Onda Cero, que dirixe Juan Pablo Colmenarejo, así como «No es un día cualquiera», que conduce Pepa Fernández en RNE, e La Linterna da COPE, que presenta Cesar Vidal.

ABC 28/04/05
03/05/2005 13:39 Enlace permanente. Tema: noticias Hay 1 comentario.

07/05/2005

Fallo das emisoras galegas

Hoxe descubrín o porqué de non atopar apenas información das emisoras galegas, a gran maioría non teñen páxina web o que, para a miña opinión ha de ter consecuencias á hora de darse a coñecer e reducirá, posiblemente, o número de oíntes.
En Pontevedra de 66 emisoras rexistradas só teñen páxina propia 14; na Coruña de 75 22; en Lugo de 36 14;e en Ourense de 31 10.
Ademáis a maioría das páxinas non son de emisoras propiamente galegas, a cadena COPE, os 40 Principais, Cadena Dial, M80, a Ser son das máis preocupadas por ter unha web. E tamén as emisoras pertencentes á administración.
Así que, dende a miña humilde posición e en nome de tódolos navegantes, animo ás novas e vellas emisoras galegas (e non galegas) a que se fagan cun oco na rede, porque vos queremos coñecer.
Portal mundos: directorio das emisoras de radio de España
07/05/2005 19:10 Enlace permanente. Tema: Curiosidades e novidades No hay comentarios. Comentar.

13/05/2005

Xa non chegan cartas a "La Gramola"

Sen desmerecer o labor que está a realizar Agustín García, como fiel gramoleira ó longo de tres anos, gustaríame expoñer uns sucesos que me extrañan, alarman e sorprenden; invitando a outros gramoleiros a que plasmen aquí a súa opinión.
O 31 de decembro do 2004 Joaquín Guzmán, tras 10 anos sendo conductor do programa "La Gramola"(creado a iniciativa súa), desaparece, sen oportunidade de despedirse, das emisións deste espazo radiofónico, a petición do director de M80, Manuel Dávila e o das cadeas musicais da Ser, Jorge Flo.
O lexendario locutor foi despedido por mor dunha nova extratexia da emisora na que se prima a música en detrimento das voces, segundo eles Joaquín Guzmán é especialista en música española e cantautores, e preténdese especializar o espazo na música dos oitenta.
A gota que colmou o vaso neta sinistra expulsión foi a ameaza de retirar a candidatura ós premios da Academia da Música ó millor programa de radiofórmula, nos que "A Gramola" resultou premiado, se se mantiña a invitación de Guzmán para asistir ó evento.
Él quedou na casa e a cadea negou os feitos.
Agora Joaquín tamén se foi da Ser, onde non se atopaba satisfeito. O certo é que miles de oíntes protestan onde poden pola súa expulsión do programa, que, por certo, xa non se trata do cálido espazo onde os oíntes contaban historias e pedían cancións a través de cartas e do teléfono, agora só sirve o sms e o email.
Xa non existe o carácterístico son da caída das moedas e "Bienvenido a la Gramola, ésta es su elección" que caracterizaban o programa. Os gramoleiros pregúntanse polas razóns que levaron á cadea a cambiar o locutor e o formato dun espazo tan exitoso, co tempo saberase.eldial.net
13/05/2005 13:06 Enlace permanente. Tema: noticias No hay comentarios. Comentar.

14/05/2005

"Buscamos nome para o primeiro retoño dos príncipes de Asturias "

Falando de programas de radio exitosos e lendo esta "proposta", supoño que a maioría estaredes a pensar nun único nome:Gomaespuma.
Este par de monstros da radio e o humor levan máis de 20 anos xuntos, dende a facultade e pasando por cadeas como M80. Agora, para a ledicia de miles de oíntes, podémolos escoitar en Onda Cero ás tardes de 16:00 a 19:00, e de novo de noite de 4:00 a 6:00.
Hai quen di que foi esta unha proposta arriscada para a cadea, polo horario no que decidiu incluir o programa; o certo é que, como cabía esperar deste gran equipo, a decisión foi todo un éxito.
Gomaespuma é un contacto diferente e en clave de humor coa realidade, unha maneira orixinal e divertida de amosarnos o mundo que temos máis preto.
14/05/2005 12:49 Enlace permanente. Tema: A radio, tamén de día No hay comentarios. Comentar.

¿Quen?¿Cando?¿Como?

Probablemente, dende que naceches, esa incomprensible caixa que emite voces e cambia de conversa segundo ande o teu ánimo formou parte do mobiliario da túa casa, coche. O máis seguro é que máis dunha vez o seu murmullo che servise para afogar un silencio incómodo, e algunha outra te fixo enmudecer a ti con algo do que dixo.
Seguro que recordas cal era o programa que os domingos á mañán facía sorrir ós teus pais, ou aquela canción que soou no momento máis adecuado, pode que ata tiveras a sorte de que alguén che falara só a ti a través dela.
Foron necesarias unhas cantas persoas, importantes descubrimentos e bastantes anos para facer posible a radio, ¿non che gustaría descubrilos?

15/05/2005

Carrusel deportivo

cab_carrusel.jpgNa fin da semana a estrela da Ser é o Carrusel Deportivo, para todos aqueles que sintan a paixón polo fútbol nada millor que sintonizar cun espazo onde a espontaneidade, a emoción de seguir tódolos partidos, en especial calquera que xogue un equipo español, en directo e simultáneamente. es el programa estrella del fin de semana en la SER.
O programa, de ritmo trepidante e desenfadado, ten as súas Carrusel Deportivo no 1954, baixo a dirección de Vicente Marco e a partires dunha idea de Bobby Deglané. A idea de retransmitir partidos de fútbol simultáneamente antoxábase descabelada naquela época ante a escaseza de suficientes recursos técnicos pero, sen interrumpir nuca a súa emisión, polo carrusel xa pasou unha xeitosa lista de figuras da radio (Ramón Gabilondo, Joaquín Durán,...) e segue a conservar a frescura e simpatía dos seus inicios da man de Pepe González e Paco Domingo Castaño.
15/05/2005 18:11 Enlace permanente. Tema: Principais programas nocturnos No hay comentarios. Comentar.

17/05/2005

Sistemas de medición de audiencias

Quizais a ti, como a min, che soe extraño o feito de que sepan dicir que tantos millóns escoitaron este programa mentres só uns centos de persoas escoitaron este outro.
O certo é que os métodos de medición de audiencias están sendo postos en duda. Por exemplo RTVE decidiu que non quería aparecer no EGM alegando que non se reflexaban os datos reais das audiencias.
As radios públicas europeas, reunidas o sábado na «Rencontre», foro das radios públicas europeas organizado por Radio Nacional de España, estiveron de acordo en que a radio necesita unha transformación técnica e social que se adapte ás transformacións de sociedade; así como un sistema de medición de audiencias máis sofisticado que recolla tamén as características cualitativas da audiencia.
17/05/2005 11:45 Enlace permanente. Tema: Curiosidades e novidades No hay comentarios. Comentar.

Pedro Piqueras aposta por rexuvenecer a parrilla de RNE

O sábado, 14 de Maio, Pedro Piqueras anunciou en Rencontré 2005, cita bianual dos responsables das emisoras que integran a Unión Europea de Radiodifusión (UER) algunhas das medidas que se pensan tomar para a consecución deste propósito de modernizarse nun mundo dominado pola televisión e internet.
A partires da próxima temporada comezaremos a notar uns cambios na programación que, sen ter o fin exclusivamente lucrativo doutras emisoras, tamén quere ampliar a súa audiencia.
Non se trata de revolucionar a programación de RNE, senón que, sen deixar de apostar polas voces xa consolidadas (Julio César Iglesias, Olga Viza, Ana Solanes e Pepa Fernández, entre outros)incluirase a emisión dos formatos máis innovadores de Radio5 en Radio1, como son Tolerancia cero, sobre violencia doméstica; La tierra prometida, que se adentra no mundo da inmigración; Entiendas o no entiendas, aberto á actualidade do colectivo gay; Jóvenes.com, sobre temas da xuventude, e Emprendedores, para indagar en novas iniciativas empresariais.
Ademáis fálase de incluir de novo o radioteatro.
Estaremos atentos a ver se son quen de cumplir os seus propósitos de modernización.
17/05/2005 12:19 Enlace permanente. Tema: noticias No hay comentarios. Comentar.

20/05/2005

Momentos memorables

A radio é o medio cercano e espontáneo por excelencia, durante a retransmisión dun programa, sobre todo si se trata dun de tertulia ou un no que interveñen os oíntes(esas persoas que non teñen guión).
Algunhas cadeas de radio brindan na súa páxina web a posibilidade de escoitar a súa programación, que normalmente se perdería nas ondas.
En especial a cadena Ser é moi interesante pois permite rememorar ou descubrir situacións interesantes e inolvidables que teñen ocurrido durante a retransmisión dun programa e que, na maioría dos casos, non foron previstas.
Por exemplo, no arquivo do mítico A vivir que son dos días escoitei a Saramago falando da soidade de recibir a noticia de gañar o premio nobel de literatura lonxe de seres queridos, cando ninguén te acompaña na viaxe.
A RTVG da a oportunidade de escoitar un programa que xa fora emitido e que che apeteza escoitar de novo, o mesmo fai Onda Cero,e a maioría das grandes cadeas que están colgadas na rede.
20/05/2005 11:53 Enlace permanente. Tema: Curiosidades e novidades No hay comentarios. Comentar.

Un dos grandes

A radio, o xornalismo e a literatura teñen o privilexio de ser as súas grandes paixóns. Fernando Delgado di que non pode queixarse, pois sempre fixo o que quería facer na vida, de feito combina estas tres facetas colaborando en xornais, dirixindo A vivir que son dos días nas mañáns dos sábados e domingos da Cadena Ser e é escritor, non só polo mero feito de publicar novelas, senón que o considera unha maneira de estar na vida, presente na intimidade e, "por sorte", na súa profesión.
Naceu en 1947 na illa de Tenerife. Dende os 14 escribe nos xornais, ós 17 foi á radio facer un programa da escola e xa nunca saíu dela, agás breves momentos. Estudiou Filosofía e Letras e Xornalismo. Articulista na prensa nacional, foi o primeiro director de Radio 3 e por dúas veces director de Radio Nacional de España. Foi tamén responsable dos programas xerais de Radio Exterior de España e conselleiro de RTVE.
Dende os 18 anos escribiu numerosos libros e tamén pasou pola televisión, onde segundo palabras súas, considera que xa pasou o tempo suficiente.
Este locutor que para ser positivo ante a vida se repite que "cada día ten o seu afán" recibiu numerosos premios, dos que di que non olvida ademáis as súas consecuencias negativas.
20/05/2005 13:49 Enlace permanente. Tema: Principais voces No hay comentarios. Comentar.

23/05/2005

Alternativa de madrugada

Chámase "A cielo abierto" porque se di que se atopa nas antípodas do día. O que máis chama a atención é o formato, tan inusual a esas horas e a vitalidade e enerxía do locutor e, sobre todo, dos reporteiros, sempre a pe de rúa, tanto se chove como se neva. Os oíntes din que acerta coa información específica que lle soe interesar ós colectivos que traballan a esas horas.
E é que o programa que conduce Enrique Campo está indicado para todas esas persoas que viven "ó revés", sexa o que sexa o que anden a facer os luns de 4:00 a 6:00 ou de martes a venres, de 1:30 a 6:00; por iso sempre se emite en directo e se trata todo tipo de temas.
23/05/2005 11:28 Enlace permanente. Tema: Principais programas nocturnos No hay comentarios. Comentar.

28/05/2005

Xornadas de folga dos traballadores da RTVG

13443178_7e122c3392_o.jpgForon convocadas polo comité interempresas (UGT,CCOO,CIG e USO) despois de once meses de infructuosas negociacións coa dirección de CRTVG.
As primeira xornada foi o antesdonte, xoves 26 cun paro de 12:30 a 14:30 e outro de 18:30 a 20:30. Máis de 250 traballdores estiberon concentrados no exterior das instalacións de San Marcos (segundo o comité de folga o 90% da plantilla que non estaba obrigada a cumprir os servizos mínimos e segundo a CRTVG o 30%.
Considerando que unhas boas condicións laborais son a base para garantizar que non exista manipulación nos medios; e tendo inda recentes as escandalosas actuacións da canle de radio e televisión nos episodios da guerra de Irak e o Prestigee considérase que non houbo ningunha mellora.
Os traballadores reclamana fin da precariedade laboral (un gran número de traballadores foi contratado por medio de ETTs e outras terceiras empresas nas empresas que conforman o grupo da CRTVG) pídese a estabilización do emprego nas tres sociedades. Dende 1992 non se incrementou nin mellorou a plantilla de traballadores da CRTVG, ademáis reclámase un aumento de soldo do 5% ata o 2007
CRTVG declarou que non ten a capacidade presupuestaria e legal para responder a unhas demandas que considera excesivas, ademáis de exceder o marco sociolaboral galego.
Nun comunicado de prensa, asegurou que, como servizo público, garantiza as súas emisions cos seus medios dispoñibles durante os días de folga. Lamenta que o comité de empresa rompera "unilateralmente" as negociacións e decidise convocar o paro.
En canto ás posibles represalias por parte da CRTVG ós traballadores que non son fixos e que secunden esta folga, os representantes deste órgano precisaron que manterán unha reunión co xefe de inspección de traballo para determinar quen son os que teñen que traballar e cales non durante las xornadas de paro. De feito, á folga sumouse un numeroso grupo de traballadores contratados, recibido cun forte aplauso.
As xornadas de paro continuarán o vindeiro día 29 e en diferentes días do mes de xuño, incluído o día 19 (eleccións autonómicas),sete días diferentes durante la precampaña, la campaña e o día das eleccións(25 e 29 de maio, 2,3,9,17 e 19 de xuño). Ademáis entre as 22.00 horas do2 de xuño ata as 22.00 horas do 3, terá lugar unha folga de 24 horas.
O comité de empresas apuntou que o calendario de mobilizacións se pode modificar e ampliar no caso de que non se chegue a ningún acordo, polo que é posible que continúen despois da xornada electoral, independientemente de quen gañe.
28/05/2005 00:57 Enlace permanente. Tema: noticias No hay comentarios. Comentar.

Querido e odiado Jiménez Losantos

A Conferencia Episcopal, organismo que controla á cadena COPE renova por dous anos máis o contrato de Jiménez Losantos,que dirixe e presenta La Mañana
O polémico locutor é obxeto de moitas críticas polas súas declaracións que, a miúdo, rozan na intolerancia. Pero o certo é que,en menos de dous anos, dobrou a audiencia do seu programa, véndose reforzada por certo un alonxamento da dereita política por parte de RNE co cambio de goberno. Inda que Jiménez Losantosdi que isto débese, simplemente, a que a COPE é o millor referente intelectual para a dereita na radio, así como a principal alternativa á Ser.
Pero, ¿quen é Jiménez Losantos? Naceu en Orihuela del Tremedal, Teruel, o 15 de Setembro do 1951. Ós dez años gañou unha beca rural, que conservou durante todos os estudios. Fixo o Bacharelato en Teruel, no Instituto de Enseñanza Media e no Colegio "San Pablo" tivo mestres como José Antonio Labordeta ou José Sanchis Sinisterra cos que fixo teatro e que influiron decisivamente na súa vocación literaria. Ós dezaseis publica os seus primeiros poemas e relatos.
Estudia os comúns de Filosofía e Letras en Zaragoza e a especialidade de Filoloxía Española na Universidade Central de Barcelona. Estudió Psicoanálisis con Oscar Masotta e foi un dos fundadores da Biblioteca Freudiana de Barcelona.

Actualmente dirixe e presenta o programa "La Mañana" na Cadena COPE, tras ser durante anos o director de "La Linterna". Dirixe a revista "La Ilustración Liberal". É editor do xornal de opinión en Internet "Libertad Digital", fundado no ano 2000. Tamén é columnista do diario "El Mundo" e da revista "Época".
28/05/2005 01:25 Enlace permanente. Tema: Principais voces No hay comentarios. Comentar.

Podcasting: a nova revolución da radio en internet

Coa chegada de internet a fogares de todo o mundo, as emisoras de radio comezaron a transmitir na rede mediante tecnoloxía de streaming (ou sexa, en directo) pero coa extensión dos reproductores con disco duro incorporado ( MP3 ) os usuarios buscan poder levar os contidos a calquera lugar. Igualmente, numerosos creadores non se conforman con publicar a súa listaxe de cancións en MP3 senon que queren chegar máis aló con auténticos programas producidos por eles mesmos.

Deste xeito naceu o podcasting, arquivos de contidos sonoros, xeralmente falados, que son colgados na rede polos seus autores cunha certa periodicidade. Dise deles que causarán unha revolución semellante á dos weblogs, que supoñen para a radio o que os blogs supoñen para a prensa. Por iso, son unha alternativa para todas aquelas persoas ás que lle guste a comunicación sen ningún tipo de censura.

Inda que se poida considerar o contrario, o podcasting non ten porqué ser unha ameaza para a radio tradicional, será un enriquecemento pois supón unha millora na calidade de sonido e son unha alternativa real para facer chegar programas especializados ós oíntes, que poderán escoitalos sen depender dos horarios. De feito, as cadeas españolas comezan a sumarse a esta innovación, a pioneira foi a Ser pero xa se están a sumar outras como a COPE ou a madrileña Radio Círculo. En San Francisco, onde o podcasting está moi extendido, unha gran cadea comercial xa emite tódolos seus contidos neste formato. Polo de agora aínda non se creou ningún en galego.

O directorio básico en España de podcasts é Podcast-es, nel atoparás programas sobre tecnoloxía, música, cine, cociña, dereito, poesía e moitos outros temas. Se ti tes tempo, ganas e cousas que contar sobre calquera tema, só precisas un micrófono e un programa para grabar e editar sons, como Audacity; unha vez creado o MP3 con todo o que queiras contar débelo colgar en internet e poñelo en circulación mediante un RSS, para o que podes empregar programas como Easypodcast ou Loudblog.
28/05/2005 17:56 Enlace permanente. Tema: Curiosidades e novidades No hay comentarios. Comentar.

30/05/2005

Carlos Herrera de volta nas mañáns de Onda Cero

Carlos Herrera é un gran periodista. Adicouse fundamentalmente á radio, comezou a súa carreira profesional en Radio Sevilla alá polo ano 1977, de feito, o seu itinerario vital trázase, fundamentalmente, entre Barcelona e Sevilla, sendo ésta última o seu lugar de residencia.

páxina oficial de Carlos Herrera

Pasou por Radio Miramar de Barcelona, de onde saltou a Radio Popular de Sevilla e de Madrid, alternativamente, nas que realizou programas como “España en Pijama” e “Caperucita y El Lobo”.

Tamén pasou pola cadena SER con “Coplas de Mi Ser” e voltou á COPE con “La Mañana”,paso previo á súa estancia en Canal Sur Radio de onde saltou a realizar o programa "Buenos días" en RNE.

Actualmente, tras un breve paso polos Estados Unidos de América, tras ter dirixido Onda Cero Radio "Herrera en la Onda”, tódalas tardes de catro a oito, continúa con el ás mañáns de seis a unha da tarde, de luns a vernes..

A súa carreira profesional tamén pasa pola televisión, ademáis de seguir escribindo semanalmente en ABC, Diez Minutos e El Semanal. Tamén é autor de varios libros (Abróchense los cinturones, La hora de los fósforos,...)

E tamén tivo numerosos recoñecementos na súa carreira xornalística ( tres premios ondas de radio, dúas antenas de ouro, dous micrófonos de prata, pluma de prata do Clube da Escritura, Premio Nacional de Periodismo Pedro Antonio de Alarcón...)."

30/05/2005 11:18 Enlace permanente. Tema: Principais voces Hay 1 comentario.




A radio de noite

Cada noite, en soidade ou en compañía, convértese en refuxio, entretemento, escapatoria e amiga de millóns de persoas. Por iso gustaríame facer unha pequeniña investigación do que é a radio, ponte e vehículo de información, emocións..., a esas horas, algunhas voces famosas, programas e principais temas.

Temas



Archivos

Enlaces


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]