Blogia
A radio de noite

Post do día 30

Escollín o tema da radio, porque creo que é un medio moi especial, onde as cousas se contan de maneira máis cercana e inmediata e onde se suxiren máis imaxes que en calqueira dos outros medios, chamados audiovisuais.
Ademáis pareceume interesante centrarme na programación nocturna, porque non sabía apenas nada dela e sempre me chamou a atención o ton íntimo que cobra a radio a esas horas.
Pois ben, resultou ser un tema bastante orixinal pois é bastante complicado atopar información concreta sobre él na rede, e moito menos en galego.
Un detalle que me pareceu curioso ó tempo que alarmente foi a pouca información que existe na rede sobre as emisoras galegas que, no caso de teren páxina web, non amosan grande interese en falar dos seus programas para darse a coñecer ós posibles oíntes.
Tampouco hai un gran número de blogers especializados no tema da radio, eu en concreto atopei dous, dos cales un deixou de publicar fai semanas.
As páxinas máis interesantes e que me serviron máis foron as das emisoras españolas (de Galicia só atopei unha que falara do contido dos seus programas: a RTVG) e algunha de revistas adicadas ó tema da radio.
Últimamente tamén descubrín varias autoridades que falan sobre a radio, relacionándoa coas persoas, culturas, labores sociais... Espero atopar nas súas teorías referencias á franxa nocturna e inda teño a esperanza de seguir o meu obxectivo inicial de centrarme na radio en Galicia.
Un saúdo.

1 comentario

Mº Carmen -

Gústame que haxa persoas que se interesen pola programación da radio xa que eu son unha persoa casi "adicta" á radio xa que o primeiro que fago namáis levantarme é encender a radio
para conectarme co mundo.Logo sígoa escoitando cando vou no coche, camiño do meu traballo,
e sempre que teño un rato libre.Eu, normalmente escoitto a radio en castelán , por eso me gustaría que alguén fixera unha relacíón dos programas e os contidos que hai na radio en galego e os dera a coñecer.
Unha aperta.