Blogia
A radio de noite

Desafogarse

De noite, a radio deixa de soar como ruido de fondo, co ir e vir dunha realidade que xamais se detén, para cobrar o ton íntimo dunha amiga e confidente. Por iso, os programas nos que paricipa o oínte, moi comúns dende os inicios deste medio, cobran especial relevancia a estas horas.
Sobre todo para as persoas que están ou se senten soas, é moi importante o feito de saberse comprendidas por alguén(inda que para elas tan só sexa unha voz) e escoitar outras persoas que necesitan desafogarse. A miúdo, o locutor non ten ningún coñecemento de psicoloxía, por iso o programa fano os oíntes que cada noite, mediante carta(tendencia cada vez menos seguida), correo electrónico, teléfono ou fax; fan das súas inquedanzas algo, en certa maneira, universal.
Dise que a radio é un servicio público, presta ós cidadáns o seu dereito á información e á liberdade de expresión. Pero tamén se debe resaltar a súa importancia no sentido en que proporciona unha ocasión de comunicación a aquelas persoas que, por uns ou outros motivos, non teñen a oprtunidade de tela e, ó mesmo tempo, a posibilidade de evitar un sentimento que resulta negativo.
É moi común que as íntervencións feitas polos oíntes destes programas compartan moitos rasgos co xénero literario da confesión, é dicir, desesperación por atoparse escuro e incompleto e afán de acharse, buscando algo onde recoñecerse.
Por iso, esta modalidade participativa é unha maneira de liberación, pois permítelle á xente compartir as súas situacións de alegría ou miseria. É algo moi positivo e apreciado pola audiencia a súa existencia.

1 comentario

nur -

es cierto eso de la radio x la noche. cuando no nos da el sueño siempre encendemos la radio y parece q nos hace compañia. ademas, los programas de participacion son entretenidos y se escuchan historias de lo mas variado que siempre resultan cercanas xq nos pasaron o conocemos casos en los q se dieran. saludos