Blogia
A radio de noite

A radio, tamén de día

Solidariedade na RNE

Fai uns días tivo lugar no campus de Pontevedra (pertencente á Universidade de Vigo) un curso chamado "Ética e solidariedade nos medios de Comunicación". Foi un curso moi interesante no que descubrimos que había outras maneiras de vida, que non deberiamos quedar impasibles pero, sobre todo, que os medios de comunicación son responsables de moitas maneiras desta situación. Moitas veces prima a súa cualidade de empresas; de estar "manexados" por certas entidades, que son as que aportan o capital; ou de deixarse levar na loita polos máiores índices de audiencia, olvidando calquera iniciativa que non suxira mínimamente a palabra "éxito".
Este sería un tema longo, no que deberiamos reflexionar radiodifusores e oíntes (á hora de reclamar unha certa programación).
RNE emite cada sábado Solidaridad,dende Radio 5, de 20:30 a 21:00, un espazo diferente (¡É o único con estas carcterísticas en España!!!!!), presentado e dirixido por Eduardo Sanz Mulas e Pura Gómez (a cal puidemos coñecer nas charlas antes mencionadas, e me pareceu unha das persoas máis procupadas e comprometidas que coñezo, cunha gran riqueza humana e intelectual).
Neste programa búscase, "en definitiva, dar a coñecer todas aquelas ONG, empresas e institucións, públicas ou privadas e todas as campañas que colaboren en facer unha sociedade máis xusta e igualitaria". Ten dúas partes, na primeira fálase do labor das ONGs que realizan labores en España e na segunda das que a realizan no extranxeiro. Pero o compoñente máis novedoso e interesante do programa é que se lle da voz a afectados e a implicados en millorar, todo o que poidan a situación dos máis desfavorecidos.

Gustaríame que os que leades isto fagades comentarios, penso que é fundamental a opinión de todos, porque non debemos permitir que algún día se diga que a nosa é unha sociedade durmida, que foxe das palabras compromiso e solidariedade.

"Buscamos nome para o primeiro retoño dos príncipes de Asturias "

Falando de programas de radio exitosos e lendo esta "proposta", supoño que a maioría estaredes a pensar nun único nome:Gomaespuma.
Este par de monstros da radio e o humor levan máis de 20 anos xuntos, dende a facultade e pasando por cadeas como M80. Agora, para a ledicia de miles de oíntes, podémolos escoitar en Onda Cero ás tardes de 16:00 a 19:00, e de novo de noite de 4:00 a 6:00.
Hai quen di que foi esta unha proposta arriscada para a cadea, polo horario no que decidiu incluir o programa; o certo é que, como cabía esperar deste gran equipo, a decisión foi todo un éxito.
Gomaespuma é un contacto diferente e en clave de humor coa realidade, unha maneira orixinal e divertida de amosarnos o mundo que temos máis preto.