Blogia
A radio de noite

Ponte...nas Ondas!

Creo, sinceramente, que ésta é unha moi boa iniciativa:
Non se trata dun programa nocturno en galego pero creo que se trata dunha iniciativa moi positiva. Así por riba, digamos que é unha maneira de que nenos portugueses e galegos esquezan a fronteira material do Miño (e calqueira outra:¿Para que serven as fronteiras?) e de que entren en contacto co mundo da radio. Hai algunhas emisoras real mente implicadas como son Radio Municipal de Tui(107.4FM)Radio "ECCA" de Vigo (96.5 FM), Radio Allariz (107.2 FM), Radio "Ecos da Raia" de Monçao (92.8 FM),Radio Melgaço (88.5FM),Radio "Cultural" de Vilanova de Cerveira (93.6 FM)e Radio Montalegre (97.5 FM).
Ademáis teñen tido intervencións en programas de renome a través de prestixiosos xornalistas como:
- Julia Otero en La radio de Julia de Onda Cero Radio
- Iñaki Gabilondo en Hoy por Hoy, Cadena Ser
- Diamantino José en Tardes da Telefonía de RTP 1
- Gemma Nierga en La Ventana, Cadena Ser

Desde hai varios anos os programas están relacionados coa presentación á UNESCO da candidatura do Patrimonio Inmaterial galego-portugués. Por ese motivo, o alumnado elabora traballos nos que recupera, estudia e clasifica o noso Patrimonio Inmaterial.
A Universidade tamén participa:pasouse de emitir 12 horas diarias de programación a emitir 24, encargándose a universidade dos programas nocturnos.

0 comentarios