Blogia
A radio de noite

Solidariedade na RNE

Fai uns días tivo lugar no campus de Pontevedra (pertencente á Universidade de Vigo) un curso chamado "Ética e solidariedade nos medios de Comunicación". Foi un curso moi interesante no que descubrimos que había outras maneiras de vida, que non deberiamos quedar impasibles pero, sobre todo, que os medios de comunicación son responsables de moitas maneiras desta situación. Moitas veces prima a súa cualidade de empresas; de estar "manexados" por certas entidades, que son as que aportan o capital; ou de deixarse levar na loita polos máiores índices de audiencia, olvidando calquera iniciativa que non suxira mínimamente a palabra "éxito".
Este sería un tema longo, no que deberiamos reflexionar radiodifusores e oíntes (á hora de reclamar unha certa programación).
RNE emite cada sábado Solidaridad,dende Radio 5, de 20:30 a 21:00, un espazo diferente (¡É o único con estas carcterísticas en España!!!!!), presentado e dirixido por Eduardo Sanz Mulas e Pura Gómez (a cal puidemos coñecer nas charlas antes mencionadas, e me pareceu unha das persoas máis procupadas e comprometidas que coñezo, cunha gran riqueza humana e intelectual).
Neste programa búscase, "en definitiva, dar a coñecer todas aquelas ONG, empresas e institucións, públicas ou privadas e todas as campañas que colaboren en facer unha sociedade máis xusta e igualitaria". Ten dúas partes, na primeira fálase do labor das ONGs que realizan labores en España e na segunda das que a realizan no extranxeiro. Pero o compoñente máis novedoso e interesante do programa é que se lle da voz a afectados e a implicados en millorar, todo o que poidan a situación dos máis desfavorecidos.

Gustaríame que os que leades isto fagades comentarios, penso que é fundamental a opinión de todos, porque non debemos permitir que algún día se diga que a nosa é unha sociedade durmida, que foxe das palabras compromiso e solidariedade.

1 comentario

Calidonia -

XIV XORNADAS DE RADIO LOCAL
Casa da Cultura de Arzúa, 17 de decembro do 2005


10:00 h Recepción e entrega de documentación

10:30 h Presentación. Xestor de contidos web para RADIOFUSIÒN.
- César Galdo, de Acordar.

11:30 h Descanso

12:00 h Mesa redonda. Radios libres, municipais, públicas: Estratexias de desenvolvemento e cooperación.
- Xurxo Souto, director de programas da Radio Galega
- José Angel Font, director de Radio Tui
- Jacinto Balboa Lomba, membro de Radio Piratona
- modera Henrique Sanfiz, secretario de EMUGA

13:30 h Presentación das xornadas
- Anxo Quintana, Vicepresidente da Xunta de Galiza (segundo axenda)
- Fernando Salgado, Secretario Xeral de Comunicación da Xunta de Galiza (segundo axenda)
- Xaquín García, Alcalde de Arzúa e Presidente de EMUGA.

14:15 h Xantar

16:30 h Presentación. Solucións informáticas libres para as emisoras locais: streaming, radioblog e software de automatización para emisoras de radio.
- Denís Cabrera, da Asociación Galega de Usuarios de GNIX (AGNIX)
- Carlos Santiago, de Arredemo, rede de acción sociocultural
- Javier Palacios, especialista en xestores de contidos libres
- introduce Carlos Neira, vicepresidente de EMUGA

17:30 h Descanso / Mesa de traballo interna. Programas locais para emisión xeral en Galicia a través de RADIOFUSIÒN

18:30 h Conferencia. Experiencias de cooperación na radio local.
- Manuel Chaparro, profesor da Universidade de Málaga e Coordinador de Onda Local Andaluza (OLA)