Blogia
A radio de noite

A millor imaxe: na radio

Non, non é que ande de vacacións precisamente, é máis, xa se podía agochar algo o sol ata Xullo: ¡Que dura é a vida do estudiante!
De nenos, antes de pechar os ollos moitos tivemos o privilexio de que alguén nos contara un conto, ese conto que sería a ponte dos nosos soños, porque xa rematara o día, só quedaba taparse ben e soñar... Os problemas quedaban lonxanos (polo menos ata o día seguinte), a maior preocupación era quedar cedo a durmir para que teus pais non se enfadaran e...¡para levantarse con moita máis enerxía pola mañá!
E, ¿Qué tiñan eses contos de especial? Que os debuxos facíamolos nós, ó noso gusto e xeito: a princesa tería cara de parva e o lobo sería como o bo pastor alemán da veciña, porque era o noso conto.
Co paso dos anos os problemas fanse, quizais, máis serios. E cada noite, cada día son millóns as persoas que deciden prender ese aparello multiforme e soñar, quizais cambiar de preocupacións, quizais sentirse acompañados por outras persoas inquedas...
O certo é que a radio é un xerador de infinitas imaxes,o máis visual dos medios de masas. Podedes votarlle unha ollada ó artigo da miña compañeira Elena do 8 de xuño, é moi interesante,(iso que estamos en exames).

0 comentarios