Blogia
A radio de noite

Pedro Piqueras aposta por rexuvenecer a parrilla de RNE

O sábado, 14 de Maio, Pedro Piqueras anunciou en Rencontré 2005, cita bianual dos responsables das emisoras que integran a Unión Europea de Radiodifusión (UER) algunhas das medidas que se pensan tomar para a consecución deste propósito de modernizarse nun mundo dominado pola televisión e internet.
A partires da próxima temporada comezaremos a notar uns cambios na programación que, sen ter o fin exclusivamente lucrativo doutras emisoras, tamén quere ampliar a súa audiencia.
Non se trata de revolucionar a programación de RNE, senón que, sen deixar de apostar polas voces xa consolidadas (Julio César Iglesias, Olga Viza, Ana Solanes e Pepa Fernández, entre outros)incluirase a emisión dos formatos máis innovadores de Radio5 en Radio1, como son Tolerancia cero, sobre violencia doméstica; La tierra prometida, que se adentra no mundo da inmigración; Entiendas o no entiendas, aberto á actualidade do colectivo gay; Jóvenes.com, sobre temas da xuventude, e Emprendedores, para indagar en novas iniciativas empresariais.
Ademáis fálase de incluir de novo o radioteatro.
Estaremos atentos a ver se son quen de cumplir os seus propósitos de modernización.

0 comentarios