Blogia
A radio de noite

Volve Joaquín Guzman

Volve Joaquín Guzman Xa fai algún tempo falei nalgún post de Joaquín Guzmán e da Gramola, o programa nocturno que me namorou da radio, o principal responsable do título deste blog.
Trala súa escura despedida da Gramola de M80 Radio foron moitos os gramoleiros e profesionais do medio os que se manifestaron na rede, en revistas, xornais e onde podían , contra o mal trato que recibíu Joaquín.
Falouse do trato que dan as empresas ás persoas, que moitas veces soamente son consideradas como números que han de facer cadrar as contas de fin de mes (véxase artigo de Fernando Martínez, director de Europa FM en La Razón, 06-05-05).
Pois ben, Joaquín demostrou que, ademáis dun bo profesional, é un amante da radio e a música,a Gramola de antes ( a das moedas, o café coa versión orixinal e na que cabía calquera tipo de música que quixesen os oíntes) volta, pero esta vez dende a rede: La Gramola FM

1 comentario

Morales -

O risco de tratar ós profesionais coma mercancía é que toda a xente que os escoita, os segue, etc. reaccionarán contra a empresa por ese trato. Cando un programa gusta ós oíntes hai un cariño moi grande ó seu conductor, o que fai que os oíntes se sintan feridos cando este non é tratado correctamente.