Blogia
A radio de noite

¿Qué ten de especial a radio de noite?

Desafogarse

De noite, a radio deixa de soar como ruido de fondo, co ir e vir dunha realidade que xamais se detén, para cobrar o ton íntimo dunha amiga e confidente. Por iso, os programas nos que paricipa o oínte, moi comúns dende os inicios deste medio, cobran especial relevancia a estas horas.
Sobre todo para as persoas que están ou se senten soas, é moi importante o feito de saberse comprendidas por alguén(inda que para elas tan só sexa unha voz) e escoitar outras persoas que necesitan desafogarse. A miúdo, o locutor non ten ningún coñecemento de psicoloxía, por iso o programa fano os oíntes que cada noite, mediante carta(tendencia cada vez menos seguida), correo electrónico, teléfono ou fax; fan das súas inquedanzas algo, en certa maneira, universal.
Dise que a radio é un servicio público, presta ós cidadáns o seu dereito á información e á liberdade de expresión. Pero tamén se debe resaltar a súa importancia no sentido en que proporciona unha ocasión de comunicación a aquelas persoas que, por uns ou outros motivos, non teñen a oprtunidade de tela e, ó mesmo tempo, a posibilidade de evitar un sentimento que resulta negativo.
É moi común que as íntervencións feitas polos oíntes destes programas compartan moitos rasgos co xénero literario da confesión, é dicir, desesperación por atoparse escuro e incompleto e afán de acharse, buscando algo onde recoñecerse.
Por iso, esta modalidade participativa é unha maneira de liberación, pois permítelle á xente compartir as súas situacións de alegría ou miseria. É algo moi positivo e apreciado pola audiencia a súa existencia.

A radio galega de noite (RTVG)

Compañía de Radio-Televisión de GaliciaRTVGNesta cadea altérnanse informativos coa emisión de dous programas de contidos moi comúns neste xénero (o nocturno).
En "Milenio" altérnanse mitos e lendas populares, coa tradición popular e o misterio que xira arredor dos OVNIS, propoñéndose deterse en calquera dos misterios que se nos presentan ós homes. Emítese de luns a xoves, de 1h a 2h, da man de Antón Rebollido.
"Pensando en ti" é un punto de encontro para moitas persoas, a partires do directo polo teléfono compártense, nun ton distendido, experiencias persoais opinións...Incluso, a miúdo, convértese nun servicio informativo a través do que os oíntes transmiten o que pasa arredor deles; calquera cousa que ocorra en Galicia é sabido que se comentará en "Pensando en ti", como o caso da Ponte das Pías en Ferrol, foi este programa o primeiro no que se comezou a falar del. Emítese de domingo a xoves, de 2:00 a 7:00, coa voz de Marcial Mouzo.