Blogia
A radio de noite

Comezamos de novo

Queridos posibles futuros lectores (con tanta vacación non creo que quede nin un habitual):
Xa remataron os exames, os meses de sol e cambio de actividades así que creo que chegou a hora de cumplir coas promesas.
As radios seguen soando, así que non faltarán cousas de qué falar.
O comezo da nova temporada vén marcado polo incremento da opinión e a inclinación cara un ou outro partido nas grandes emisoras, en especial a Ser e a COPE, ós oíntes gústanos cada vez máis sentirnos identificados coa voz dos programas que escoitamos.
Das noticias que se comentan máis é a marcha de Iñaqui Gabilondo de "Hoy por Hoy" (Cadena Ser) para incorporarse á nova canle en aberto e privada de televisión: "Cuatro", máis concretamente, ós seus informativos. Seguiremos falando desta perda que sufriu a radio, que terá as suas consecuencias no EGM, pois este locutor é un símbolo para os oíntes da Ser, máis importante que as súas inclinacións políticas ou o estilo do seu programa.Seguiremos o labor de Carles Fancino á fronte deste programa, así como os índices de audiencia en relación a "Protagonistas"ás mañáns de Jiménez Losantosna Cope ou con Herrera dende Onda Cero.
Moitos periodistas da radio pásanse a televisión e viceversa, a radio e a televisión, cada vez máis competitivas convértense, nos horarios extratéxicos, en radio e televisión de estrelas. A radio temática segue a gañar terreo fronte á xeralista, seguirei pendente deste e doutros datos que siga a publicar o EGM.
Ademáis a radio dixital segue a asomar a súa nariz, traendo novas posibilidades para tódalas cadenas pero fomentando unha pluralidade moitas veces moi difícil polo dominio das grandes emisoras.
E teño intención de adentrarme un pouco no panorama da radio galega.

0 comentarios