Blogia
A radio de noite

Curiosidades e novidades

Programas máis famosos de...

Programas máis famosos de... Se tes máis de 50 anos quizais che apeteza recordar o que mantiña á túa nai pegada ó aparello á mesma hora de sempre cando viñas da escola, porqué alguén tarareaba unha canción na que dicía que todos sodes formidables...
Se es máis novo será interesante coñecer qué era o que soaba nese aparello que ocupaba o sitio da televisión de oxe, o principal entretemento nunha época na que segundo moitas avoas "se sabía escoitar".
Veleiquí uns dos principais testigos do grande cambio de ideoloxía que sufriu a nosa sociedade, de que os tempos, inda que pouquiño a pouco, si que mudan.

Podcasting: a nova revolución da radio en internet

Coa chegada de internet a fogares de todo o mundo, as emisoras de radio comezaron a transmitir na rede mediante tecnoloxía de streaming (ou sexa, en directo) pero coa extensión dos reproductores con disco duro incorporado ( MP3 ) os usuarios buscan poder levar os contidos a calquera lugar. Igualmente, numerosos creadores non se conforman con publicar a súa listaxe de cancións en MP3 senon que queren chegar máis aló con auténticos programas producidos por eles mesmos.

Deste xeito naceu o podcasting, arquivos de contidos sonoros, xeralmente falados, que son colgados na rede polos seus autores cunha certa periodicidade. Dise deles que causarán unha revolución semellante á dos weblogs, que supoñen para a radio o que os blogs supoñen para a prensa. Por iso, son unha alternativa para todas aquelas persoas ás que lle guste a comunicación sen ningún tipo de censura.

Inda que se poida considerar o contrario, o podcasting non ten porqué ser unha ameaza para a radio tradicional, será un enriquecemento pois supón unha millora na calidade de sonido e son unha alternativa real para facer chegar programas especializados ós oíntes, que poderán escoitalos sen depender dos horarios. De feito, as cadeas españolas comezan a sumarse a esta innovación, a pioneira foi a Ser pero xa se están a sumar outras como a COPE ou a madrileña Radio Círculo. En San Francisco, onde o podcasting está moi extendido, unha gran cadea comercial xa emite tódolos seus contidos neste formato. Polo de agora aínda non se creou ningún en galego.

O directorio básico en España de podcasts é Podcast-es, nel atoparás programas sobre tecnoloxía, música, cine, cociña, dereito, poesía e moitos outros temas. Se ti tes tempo, ganas e cousas que contar sobre calquera tema, só precisas un micrófono e un programa para grabar e editar sons, como Audacity; unha vez creado o MP3 con todo o que queiras contar débelo colgar en internet e poñelo en circulación mediante un RSS, para o que podes empregar programas como Easypodcast ou Loudblog.

Alternativa de madrugada

Chámase "A cielo abierto" porque se di que se atopa nas antípodas do día. O que máis chama a atención é o formato, tan inusual a esas horas e a vitalidade e enerxía do locutor e, sobre todo, dos reporteiros, sempre a pe de rúa, tanto se chove como se neva. Os oíntes din que acerta coa información específica que lle soe interesar ós colectivos que traballan a esas horas.
E é que o programa que conduce Enrique Campo está indicado para todas esas persoas que viven "ó revés", sexa o que sexa o que anden a facer os luns de 4:00 a 6:00 ou de martes a venres, de 1:30 a 6:00; por iso sempre se emite en directo e se trata todo tipo de temas.

Sistemas de medición de audiencias

Quizais a ti, como a min, che soe extraño o feito de que sepan dicir que tantos millóns escoitaron este programa mentres só uns centos de persoas escoitaron este outro.
O certo é que os métodos de medición de audiencias están sendo postos en duda. Por exemplo RTVE decidiu que non quería aparecer no EGM alegando que non se reflexaban os datos reais das audiencias.
As radios públicas europeas, reunidas o sábado na «Rencontre», foro das radios públicas europeas organizado por Radio Nacional de España, estiveron de acordo en que a radio necesita unha transformación técnica e social que se adapte ás transformacións de sociedade; así como un sistema de medición de audiencias máis sofisticado que recolla tamén as características cualitativas da audiencia.

¿Quen?¿Cando?¿Como?

Probablemente, dende que naceches, esa incomprensible caixa que emite voces e cambia de conversa segundo ande o teu ánimo formou parte do mobiliario da túa casa, coche. O máis seguro é que máis dunha vez o seu murmullo che servise para afogar un silencio incómodo, e algunha outra te fixo enmudecer a ti con algo do que dixo.
Seguro que recordas cal era o programa que os domingos á mañán facía sorrir ós teus pais, ou aquela canción que soou no momento máis adecuado, pode que ata tiveras a sorte de que alguén che falara só a ti a través dela.
Foron necesarias unhas cantas persoas, importantes descubrimentos e bastantes anos para facer posible a radio, ¿non che gustaría descubrilos?

¿Quen?¿Cando?¿Como?

Probablemente, dende que naceches, esa incomprensible caixa que emite voces e cambia de conversa segundo ande o teu ánimo formou parte do mobiliario da túa casa, coche. O máis seguro é que máis dunha vez o seu murmullo che servise para afogar un silencio incómodo, e algunha outra te fixo enmudecer a ti con algo do que dixo.
Seguro que recordas cal era o programa que os domingos á mañán facía sorrir ós teus pais, ou aquela canción que soou no momento máis adecuado, pode que ata tiveras a sorte de que alguén che falara só a ti a través dela.
Foron necesarias unhas cantas persoas, importantes descubrimentos e bastantes anos para facer posible a radio, ¿non che gustaría descubrilos?