Blogia
A radio de noite

"El ombligo de la luna"

"El ombligo de la luna" Ana Solanes conduce un espacio en Radio1 (de RNE), de domingo a xoves e de 0:00 a 3:00, cheo de actualidade e coa infalible fórmula a estas horas da participación dos oíntes.
Así e todo, este programa conta cunha variopinta audiencia, dende adolescentes ata persoas de 30 e 40 anos, e abarca sectores como o dos camioneiros ou dos presos. E que o certo é que os contidos son moi variados:cine; recordos; a "ventana indiscreta" onde os oíntes contan cousas que ven na rúa ou a través da ventana do veciño, e o programa tamén ten un enviado especial que retransmite dende unha Sex Shop; a segunda parte do programa cobra un ton máis íntimo coas confesións dos oíntes e, incluso, da presentadora.
É destacable o equipo de ouro que conta o programa, con locutores coñecidos pola súa participación en programas televisivos como CQC (Juanjo de la Iglesia e Tonino) ou de Lo+ Plus (Ramón Arangüena e Javier Coronas), que lle dan ó programa a nota de humor que o diferencia doutros espacios nocturnos.

2 comentarios

Jordan Flight 45 -

Your weblog is so cool that I like it pretty substantially. As anyone understands respect is by far the most essential amongst people's life. Only respect each other to get along properly and I believe that leaving one's opinion is often a behavior of respect.

carmen -

Gracias por darme a coñecer un programa do que descoñecía a súa existencia e polo tanto ainda non tiveran ocasión de escoitar. xa que eu son unha seguidora da programación radiofónica e cando tenña a ocasión de escoitalo xache farei chegar a miña opinión.
Un saúdo.
23 de abril de 2005