Blogia
A radio de noite

¿Unha emisora "pirata" ou só diferente?

Radio piratona emite dende 1988 dende un lugar calquera de Vigo, declárase unha radio libre e independente pero cun gran compromiso coa sociedade.
Pretenden facer do medio un servizo social, tratando de denunciar actitudes como o racismo ou a discriminación da muller, sempre afastados das institucións políticas consideran de grande importancia que os medios de comunicación galegos intenten facer por difundir a nosa cultura en galego, así como ser a voz dos problemas da xente de Galicia.
Pertencen á asociación cultural Sindomio, e aceptan calquera colaboración, incluso propostas para programas.
Se es de Vigo e queres saber qué nos contan, sintoniza a túa radio no 106.0

0 comentarios