Blogia
A radio de noite

"A veces llegan cartas"

"A veces llegan cartas" M80 radioPrimeiro escoitamos o ruído que fai ó caer unha moeda e a continuación unha voz de muller que di:"Bienvenido a la gramola. Ésta es tu elección." Quizais neste momento ti estés dibuxando o sorriso de cando oes falar dun vello coñecido, ou dunha parte especial da túa vida..."La Gramola" é un espazo onde os oíntes de m80 falan das súas vivenzase emocións , onde a música cobra o sentido que todos coñecemos á perfección, o de banda sonora do álbum das nosas vidas, imaxe dos nosos sentimentos e vehículo dos nosos recordos.

Foi Joaquín Guzmán, que dende novo amosou inclinacións cara o terreo do campo social e a socioloxía, o que iniciou en 1991 esta radiofórmula tan coñecida: a da radio musical onde os oíntes fan as súas proposicións. Pero "La Gramola" tamén ten outros apartados que o fan especial: O de versión orixinal, o de cine, canción a medida...e, ademáis o eqipo do programa móvese por toda España e, entre os grupos invitados, tamén dan a oportunidade de amosar o seu traballo a grupos pouco coñecidos ou nos seus inicios ( cantautores como Ismael Serrano e Pedro Guerra visitaron o programa).

Pero o que ten de peculiar "La Gramola" é que prefiren que as peticións e as historias dos oíntes cheguen por carta, o que dota o programa do aire íntimo e cercano que acadou importantes índices de audiencia. O éxito deste detalle foi tal que en Abril do 2002, a iniciativa de Guzmán, locutor e director do programa naqueles días, publicouse un libro recopilando algunhas das mellores cartas, "A veces llegan cartas". Trátase dun libro engaiolante, capaz de emocionar, estremecer e incluso facer rir; ademáis de ser unha suxerente invitación a participar nese espazo tan especial como é "La Gramola".

Actualmente o locutor é Agustín García, inda que o director segue a ser Joaquín Guzmán.

1 comentario

Jose -

Pódese dicir que son un radio ointe do máis diverso que se poida pensar, xa que podo escoitar dende unha emisora de música ata unha tertulia política, pasando por programas deportivos ou emisións humorísticas. Pero teño que deixar claro que "La Gramola" foi o único programa que logrou engancharme de verdade á radio dende que comezou alá polo ano 95 me parece a min, un espacio onde a música e as conversas eran do máis amenas e entretidas, cancións que á maioría dos ointes nos gustaban, e algunhas historias persoais que despertaban certa curiosidade. E quero resaltar que escoitaba este programa; porque agora xa non o escoito debido a que na zona onde vivo (Santiago) quitaron a emisión de dita emisora en favor da Ser. Un ointe menos para M80