Blogia
A radio de noite

O misterio nas noites da Ser

Misterios non resoltos, periodismo de investigación, fenómenos extraños, ciencia de vangarda, enigmas das antigas civilizacións...todo iso é "Milenio 3". Cunha visión reporteril dos feitos, enviados especiais informando dende diversos lugares do Globo e unha conexión permanente coas novas tecnoloxías e Internet, este espacio entra a fondo en temas habitualmente considerados tabú e que, a pesares da pouca información que ata o de agora ofrecían os medios xeneralistas, atraen ó gran público que afronta cheo de curiosidade este terceiro milenio.
É un programa no que o oínte tamén conta, ó estaren dispostos a recibir suxerencias e abertos sempre á súa participación, ben a través de internet ou polo teléfono.
Coa voz de Carlos C.Barroso recréanse esceas de casos tal como foron e inquedantes introduccións a cada tema, contando ademáis con documentos sonopros exclusivos.
milenio3milenio 3

1 comentario

Morales -

O interesante deste tipo de programas é que o director sempre está de acordo coas teorías dos seus invitados, aínda que sexan contradictorias: se un día alguén di que as pirámides as construiron os marcianos, non hai dúbida ningunha de que é así; e, se no programa seguinte vai outro e di que as fixeron os de Plutón, do que non hai dúbida agora é de que foron eles... o que demostra que o director é o que menos cre nos frikis que leva (moitos, aínda que algúns invitados sexan coherentes).
Un saludo e a seguir así!!