Blogia
A radio de noite

CONSULTORIO DE ELENA FRANCIS

CONSULTORIO DE ELENA FRANCIS Nos años 40 a radio experimenta importantes cambios e comeza os seus anos dourados. A programación que ata entón era básicamente musical, introduce grandes novidades: seriais, concursos, consultorios... convertíndoa en compañeira e confidente.
Neste contexto nace un dos programas máis recordados y emblemáticos da radiodifusión en España:”El consultorio de Elena Francis”.
Dirixido principalmente á audiencia feminina, o programa atendía as consultas das oíntes, xa foran de beleza, cociña, saúde, xardiñería... Pero sin duda foi evolucionando co tempo ata convertirse básicamente en consultorio sentimental. Pronto se converte nun dos programas máis populares, chegando a mantenerse en antena durante 37 anos.
Un dos misterios que rodeaba ó consultorio, era a identidade da Señora Elena Francis, que chega a convertirse nun dos personaxes radiofónicos máis queridos, sendo en realidade un ser ficticio.
Francisca Bes foi a auténtica “Elena Francis”, a persoa de quen partiu a idea do consultorio, o perfil da famosa personaxe, sentou as bases do programa y ata elixiu a sintonía do mesmo.” Indian Summer” de Victor Herbert, é a melodía que a todos nos ven á mente ó recordar o consultorio, que forma parte da memoria colectiva dos españois e galegos.
Así o consultorio nace como un espazo que aconsella á muller ó mesmo tempo que publicita os cosméticos e os servizos do instituto de beleza da familia Fradera, a do home de Francisca. Iniciouse no 1947 en Radio Barcelona, onde permaneceu en antena durante 19 anos,a duración de cada emisión era duns 30 minutos nos que se daba resposta a 7 cartas. A media mensual eran aproximadamente 168. Para seleccionalas y respondelas “Elena Francis” contou nos seus inicios cun equipo de guionistas que se documentaba sobre os diferentes temas para buscar o consello ou resposta máis apropiado de acordo cos principios morais do réxime do momento.
“Elena Francis” respondía con seriedade e rigor a tódolos temas, aínda que se censuraban os relacionados coa política. Cando o caso das consultantes o requería , éstas eran remitidas a un especialista.
Durante os anos da transición, o consultorio tivo que adaptar as súas respostas á nova realidade de España, abandoando a imaxe conservadora para facerse máis aberta e liberal..
Ó longo da súa traxectoria a suposta “Elena Francis” tivo diferentes voces (María Garriga, Rosario Caballé,Maruja Fernández...). O 31 de xaneiro de 1984 , tras ter caído os seus índices de audiencia, “Elena Francis” desaparece definitivamente das ondas de forma imprevista e provocando certo alboroto entre os oíntes máis fieis, incapaz de loitar contra unha imaxe demasiado conservadora para os anos que corrían.

1 comentario

capac -

¿Non disgustaba ós oíntes a idea de pensar que a señora que os escoitaba en realidade eran diferentes persoas? Gustaríame escoita-las voces, para saber cómo eran, mais non o consigo abrir. ¿Habería algunha posibilidade?