Blogia
A radio de noite

Manel Fuentes ás 12 "en punto"

Manel Fuentes ás 12 "en punto" Dende moi novo, este simpático e coñecido comediante sentiuse fascinado polo xornalismo. Comezou nunha cadea de radio de Barcelona mentres estudiaba, foise a EEUU pra estudiar os formatos que triunfaban naquel país e, ó volver, foi Javier Sardá quen lle brindou a oportunidade de saltar á fama en televisión cunha pequena colaboración en Crónicas Marcianas. Actualmente Telecinco descubriu nel un gran profesional, conduce os espazos de CQC e La noche...
Como actor tamén participou en El Club de la Comedia e 5hombres.com.
Pero o que foi e segue a ser constante na súa carreira é a radio. Con Problemes domestics, de RAC1 (unha cadea catalana) gañou un premio Ondas no 2001.
Actualmente conduce "A las doce en punto" en Punto Radio onde fai o que mellor sabe facer: humor. É un informativo satírico que repasa a actualidade do día e onde non faltan as súas coñecidas imitacións, onde os personaxes nos dan acceso ó seu diario íntimo. Conta ademáis cun imitador que non imita, con entrevistas en directo e os protagonistas do día, co estilo propio de Manel.
E os venres son especiais, cunha tertulia á que Manel denomina"comité de sabios", onde se unen actualidade e música. Montaxes de audio, parodias e, ante todo, un espazo de reflexión de cara á fin de semana.
Xa o sabes, sintoniza Punto Radio, de luns a venres de 12 a 1:30 da madrugada.

0 comentarios