|
Se muestran los artículos pertenecientes a Marzo de 2005. 06/03/2005"os programas de radio nocturnos"Neste artigo, Ruth García fai unha introducción do que é o xénero da radio nocturna, o que supoñen estas emisións nun medio ó alcance de milleiros de persoas e, polo tanto escoitado por unha grande audiencia. Cunha labor informativa, de entretemento ou de axuda, é esta última función a máis aclamada polo público xa que, estes programas son, a miúdo, unha especie de servizo público, onde os oíntes se converten en protagonistas e saen a relucir múltiples problemas entre os que destaca a soidade. A autora fai un breve percorrido polas principais voces destes espazos, dende Fina Rodríguez ata Genma Nierga, Encarna Sánchez ou Elena Francis."Los programas de radio nocturnos" 22/03/2005A radio galega de noite (RTVG)Compañía de Radio-Televisión de GaliciaRTVGNesta cadea altérnanse informativos coa emisión de dous programas de contidos moi comúns neste xénero (o nocturno). En "Milenio" altérnanse mitos e lendas populares, coa tradición popular e o misterio que xira arredor dos OVNIS, propoñéndose deterse en calquera dos misterios que se nos presentan ós homes. Emítese de luns a xoves, de 1h a 2h, da man de Antón Rebollido. "Pensando en ti" é un punto de encontro para moitas persoas, a partires do directo polo teléfono compártense, nun ton distendido, experiencias persoais opinións...Incluso, a miúdo, convértese nun servicio informativo a través do que os oíntes transmiten o que pasa arredor deles; calquera cousa que ocorra en Galicia é sabido que se comentará en "Pensando en ti", como o caso da Ponte das Pías en Ferrol, foi este programa o primeiro no que se comezou a falar del. Emítese de domingo a xoves, de 2:00 a 7:00, coa voz de Marcial Mouzo. 28/03/2005O misterio nas noites da SerMisterios non resoltos, periodismo de investigación, fenómenos extraños, ciencia de vangarda, enigmas das antigas civilizacións...todo iso é "Milenio 3". Cunha visión reporteril dos feitos, enviados especiais informando dende diversos lugares do Globo e unha conexión permanente coas novas tecnoloxías e Internet, este espacio entra a fondo en temas habitualmente considerados tabú e que, a pesares da pouca información que ata o de agora ofrecían os medios xeneralistas, atraen ó gran público que afronta cheo de curiosidade este terceiro milenio. É un programa no que o oínte tamén conta, ó estaren dispostos a recibir suxerencias e abertos sempre á súa participación, ben a través de internet ou polo teléfono. Coa voz de Carlos C.Barroso recréanse esceas de casos tal como foron e inquedantes introduccións a cada tema, contando ademáis con documentos sonopros exclusivos. milenio3milenio 3 CONSULTORIO DE ELENA FRANCIS Nos años 40 a radio experimenta importantes cambios e comeza os seus anos dourados. A programación que ata entón era básicamente musical, introduce grandes novidades: seriais, concursos, consultorios... convertíndoa en compañeira e confidente. Neste contexto nace un dos programas máis recordados y emblemáticos da radiodifusión en España:”El consultorio de Elena Francis”. Dirixido principalmente á audiencia feminina, o programa atendía as consultas das oíntes, xa foran de beleza, cociña, saúde, xardiñería... Pero sin duda foi evolucionando co tempo ata convertirse básicamente en consultorio sentimental. Pronto se converte nun dos programas máis populares, chegando a mantenerse en antena durante 37 anos. Un dos misterios que rodeaba ó consultorio, era a identidade da Señora Elena Francis, que chega a convertirse nun dos personaxes radiofónicos máis queridos, sendo en realidade un ser ficticio. Francisca Bes foi a auténtica “Elena Francis”, a persoa de quen partiu a idea do consultorio, o perfil da famosa personaxe, sentou as bases do programa y ata elixiu a sintonía do mesmo.” Indian Summer” de Victor Herbert, é a melodía que a todos nos ven á mente ó recordar o consultorio, que forma parte da memoria colectiva dos españois e galegos. Así o consultorio nace como un espazo que aconsella á muller ó mesmo tempo que publicita os cosméticos e os servizos do instituto de beleza da familia Fradera, a do home de Francisca. Iniciouse no 1947 en Radio Barcelona, onde permaneceu en antena durante 19 anos,a duración de cada emisión era duns 30 minutos nos que se daba resposta a 7 cartas. A media mensual eran aproximadamente 168. Para seleccionalas y respondelas “Elena Francis” contou nos seus inicios cun equipo de guionistas que se documentaba sobre os diferentes temas para buscar o consello ou resposta máis apropiado de acordo cos principios morais do réxime do momento. “Elena Francis” respondía con seriedade e rigor a tódolos temas, aínda que se censuraban os relacionados coa política. Cando o caso das consultantes o requería , éstas eran remitidas a un especialista. Durante os anos da transición, o consultorio tivo que adaptar as súas respostas á nova realidade de España, abandoando a imaxe conservadora para facerse máis aberta e liberal.. Ó longo da súa traxectoria a suposta “Elena Francis” tivo diferentes voces (María Garriga, Rosario Caballé,Maruja Fernández...). O 31 de xaneiro de 1984 , tras ter caído os seus índices de audiencia, “Elena Francis” desaparece definitivamente das ondas de forma imprevista e provocando certo alboroto entre os oíntes máis fieis, incapaz de loitar contra unha imaxe demasiado conservadora para os anos que corrían. 29/03/2005Homenaxe a Joaquín Luqui Compañeiros e amigos de Joaquín Luqui, falecido hoxe en Madrid, así como diversos cantantes, recordaron esta mañá a importancia que para a radio tivo este experto no mundo da música. A capilla ardente do xornalista e locutor dos 40 Principales, cuxos restos mortais serán mañá incinerados no Cementerio da Almudena e logo trasladados á súa vila natal, permanece hoxe instalada no tanatorio madrileño da M-30.Por Redacción / Agencias / los40.com Madrid (28/03/2005) noticia |
A radio de noiteCada noite, en soidade ou en compañía, convértese en refuxio, entretemento, escapatoria e amiga de millóns de persoas. Por iso gustaríame facer unha pequeniña investigación do que é a radio, ponte e vehículo de información, emocións..., a esas horas, algunhas voces famosas, programas e principais temas.
Temas
ArchivosEnlaces |