Se muestran los artículos pertenecientes a Junio de 2005.

02/06/2005

Un ano de "Protagonistas"

Luis del Olmo, director e presentador de Protagonistas, ( o programa máis antigo da radio española)entrevistado por La radio al Día amosouse satisfeito cos resultados dun proxecto (Punto Radio) que comezou hai un ano e que "veu a potenciar a independencia e a pluralidade" que a radio española viña "reclamando nos últimos anos".
Luis del Olmo é un dos xenios da radio no noso país, naceu en Ponferrada (onde fundou un museo da radio) e a súa afición polo medio, que o fixo merecedor de máis dun centenar de premios, comezou con catorce aniños.
Se pinchas na foto poderás coñecer algún dato máis da súa biografía e as súas etapas na radio.

Luis del Olmo

02/06/2005 18:37 Enlace permanente. Tema: noticias No hay comentarios. Comentar.

Listado actualizado das frecuencias de Radio Galega Música

Santiago de Compostela:104.2
Ferrol:106.3
A Coruña:92.1
A Cova (centro de Lugo):96.6
Ourense:95.6
Lugo:106.2
Pontevedra:101.4
Xiabre:88.0
02/06/2005 17:39 Enlace permanente. Tema: noticias No hay comentarios. Comentar.

Volve Joaquín Guzman

Joaquin_Guzman_03.jpgXa fai algún tempo falei nalgún post de Joaquín Guzmán e da Gramola, o programa nocturno que me namorou da radio, o principal responsable do título deste blog.
Trala súa escura despedida da Gramola de M80 Radio foron moitos os gramoleiros e profesionais do medio os que se manifestaron na rede, en revistas, xornais e onde podían , contra o mal trato que recibíu Joaquín.
Falouse do trato que dan as empresas ás persoas, que moitas veces soamente son consideradas como números que han de facer cadrar as contas de fin de mes (véxase artigo de Fernando Martínez, director de Europa FM en La Razón, 06-05-05).
Pois ben, Joaquín demostrou que, ademáis dun bo profesional, é un amante da radio e a música,a Gramola de antes ( a das moedas, o café coa versión orixinal e na que cabía calquera tipo de música que quixesen os oíntes) volta, pero esta vez dende a rede: La Gramola FM
02/06/2005 16:53 Enlace permanente. Tema: Principais voces Hay 1 comentario.

Programas máis famosos de...

Radionovelas.gifSe tes máis de 50 anos quizais che apeteza recordar o que mantiña á túa nai pegada ó aparello á mesma hora de sempre cando viñas da escola, porqué alguén tarareaba unha canción na que dicía que todos sodes formidables...
Se es máis novo será interesante coñecer qué era o que soaba nese aparello que ocupaba o sitio da televisión de oxe, o principal entretemento nunha época na que segundo moitas avoas "se sabía escoitar".
Veleiquí uns dos principais testigos do grande cambio de ideoloxía que sufriu a nosa sociedade, de que os tempos, inda que pouquiño a pouco, si que mudan.
02/06/2005 18:20 Enlace permanente. Tema: Curiosidades e novidades No hay comentarios. Comentar.

14/06/2005

A millor imaxe: na radio

Non, non é que ande de vacacións precisamente, é máis, xa se podía agochar algo o sol ata Xullo: ¡Que dura é a vida do estudiante!
De nenos, antes de pechar os ollos moitos tivemos o privilexio de que alguén nos contara un conto, ese conto que sería a ponte dos nosos soños, porque xa rematara o día, só quedaba taparse ben e soñar... Os problemas quedaban lonxanos (polo menos ata o día seguinte), a maior preocupación era quedar cedo a durmir para que teus pais non se enfadaran e...¡para levantarse con moita máis enerxía pola mañá!
E, ¿Qué tiñan eses contos de especial? Que os debuxos facíamolos nós, ó noso gusto e xeito: a princesa tería cara de parva e o lobo sería como o bo pastor alemán da veciña, porque era o noso conto.
Co paso dos anos os problemas fanse, quizais, máis serios. E cada noite, cada día son millóns as persoas que deciden prender ese aparello multiforme e soñar, quizais cambiar de preocupacións, quizais sentirse acompañados por outras persoas inquedas...
O certo é que a radio é un xerador de infinitas imaxes,o máis visual dos medios de masas. Podedes votarlle unha ollada ó artigo da miña compañeira Elena do 8 de xuño, é moi interesante,(iso que estamos en exames).
14/06/2005 12:24 Enlace permanente. Tema: ¿Qué ten de especial a radio de noite? No hay comentarios. Comentar.

17/06/2005

Debate en Hora 25

Como galega onte prendín a radio as 22:00, como galega decidín tentar coñecer un pouco (son políticos: persoas "maravillosas e milagreiras" en campaña electoral) as ideas dos tres principais candidatos a poñerse ó frente da Xunta.
Por iso teño que felicitar ó programa por esta decisión de adicarlle o seu tempo a que tódolos galegos (sobre todo os que non temos tempo para asistir a mitins e ler tódolos folletos dos partidos)de escoitar, cara a cara, e ver o que temos diante, saber que, a pesar de que os medios de comunicación de masas son do poder, inda temos a oportunidade de disfrutar de espazos de transparencia, sei que son moitos os oíntes que , coma min, lle están agradecidos.
Que gañe quen gañe, nunca se perdan os debates, que non teñamos que sentir temor pola súa ausencia como fai catro anos.
Felicidades, Hora 25
Que a radio siga sendo ese refuxio da democracia, para sempre.
17/06/2005 11:12 Enlace permanente. Tema: Principais programas nocturnos No hay comentarios. Comentar.




A radio de noite

Cada noite, en soidade ou en compañía, convértese en refuxio, entretemento, escapatoria e amiga de millóns de persoas. Por iso gustaríame facer unha pequeniña investigación do que é a radio, ponte e vehículo de información, emocións..., a esas horas, algunhas voces famosas, programas e principais temas.

Temas



Archivos

Enlaces


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]