|
Se muestran los artículos pertenecientes a Abril de 2005. 06/04/2005"A veces llegan cartas" M80 radioPrimeiro escoitamos o ruído que fai ó caer unha moeda e a continuación unha voz de muller que di:"Bienvenido a la gramola. Ésta es tu elección." Quizais neste momento ti estés dibuxando o sorriso de cando oes falar dun vello coñecido, ou dunha parte especial da túa vida..."La Gramola" é un espazo onde os oíntes de m80 falan das súas vivenzase emocións , onde a música cobra o sentido que todos coñecemos á perfección, o de banda sonora do álbum das nosas vidas, imaxe dos nosos sentimentos e vehículo dos nosos recordos.Foi Joaquín Guzmán, que dende novo amosou inclinacións cara o terreo do campo social e a socioloxía, o que iniciou en 1991 esta radiofórmula tan coñecida: a da radio musical onde os oíntes fan as súas proposicións. Pero "La Gramola" tamén ten outros apartados que o fan especial: O de versión orixinal, o de cine, canción a medida...e, ademáis o eqipo do programa móvese por toda España e, entre os grupos invitados, tamén dan a oportunidade de amosar o seu traballo a grupos pouco coñecidos ou nos seus inicios ( cantautores como Ismael Serrano e Pedro Guerra visitaron o programa). Pero o que ten de peculiar "La Gramola" é que prefiren que as peticións e as historias dos oíntes cheguen por carta, o que dota o programa do aire íntimo e cercano que acadou importantes índices de audiencia. O éxito deste detalle foi tal que en Abril do 2002, a iniciativa de Guzmán, locutor e director do programa naqueles días, publicouse un libro recopilando algunhas das mellores cartas, "A veces llegan cartas". Trátase dun libro engaiolante, capaz de emocionar, estremecer e incluso facer rir; ademáis de ser unha suxerente invitación a participar nese espazo tan especial como é "La Gramola". Actualmente o locutor é Agustín García, inda que o director segue a ser Joaquín Guzmán. 11/04/2005DesafogarseDe noite, a radio deixa de soar como ruido de fondo, co ir e vir dunha realidade que xamais se detén, para cobrar o ton íntimo dunha amiga e confidente. Por iso, os programas nos que paricipa o oínte, moi comúns dende os inicios deste medio, cobran especial relevancia a estas horas. Sobre todo para as persoas que están ou se senten soas, é moi importante o feito de saberse comprendidas por alguén(inda que para elas tan só sexa unha voz) e escoitar outras persoas que necesitan desafogarse. A miúdo, o locutor non ten ningún coñecemento de psicoloxía, por iso o programa fano os oíntes que cada noite, mediante carta(tendencia cada vez menos seguida), correo electrónico, teléfono ou fax; fan das súas inquedanzas algo, en certa maneira, universal. Dise que a radio é un servicio público, presta ós cidadáns o seu dereito á información e á liberdade de expresión. Pero tamén se debe resaltar a súa importancia no sentido en que proporciona unha ocasión de comunicación a aquelas persoas que, por uns ou outros motivos, non teñen a oprtunidade de tela e, ó mesmo tempo, a posibilidade de evitar un sentimento que resulta negativo. É moi común que as íntervencións feitas polos oíntes destes programas compartan moitos rasgos co xénero literario da confesión, é dicir, desesperación por atoparse escuro e incompleto e afán de acharse, buscando algo onde recoñecerse. Por iso, esta modalidade participativa é unha maneira de liberación, pois permítelle á xente compartir as súas situacións de alegría ou miseria. É algo moi positivo e apreciado pola audiencia a súa existencia. 15/04/2005Manel Fuentes ás 12 "en punto" Dende moi novo, este simpático e coñecido comediante sentiuse fascinado polo xornalismo. Comezou nunha cadea de radio de Barcelona mentres estudiaba, foise a EEUU pra estudiar os formatos que triunfaban naquel país e, ó volver, foi Javier Sardá quen lle brindou a oportunidade de saltar á fama en televisión cunha pequena colaboración en Crónicas Marcianas. Actualmente Telecinco descubriu nel un gran profesional, conduce os espazos de CQC e La noche...Como actor tamén participou en El Club de la Comedia e 5hombres.com. Pero o que foi e segue a ser constante na súa carreira é a radio. Con Problemes domestics, de RAC1 (unha cadea catalana) gañou un premio Ondas no 2001. Actualmente conduce "A las doce en punto" en Punto Radio onde fai o que mellor sabe facer: humor. É un informativo satírico que repasa a actualidade do día e onde non faltan as súas coñecidas imitacións, onde os personaxes nos dan acceso ó seu diario íntimo. Conta ademáis cun imitador que non imita, con entrevistas en directo e os protagonistas do día, co estilo propio de Manel. E os venres son especiais, cunha tertulia á que Manel denomina"comité de sabios", onde se unen actualidade e música. Montaxes de audio, parodias e, ante todo, un espazo de reflexión de cara á fin de semana. Xa o sabes, sintoniza Punto Radio, de luns a venres de 12 a 1:30 da madrugada. 15/04/2005 11:57 Enlace permanente. Tema: Principais programas nocturnos No hay comentarios. Comentar. 16/04/2005¿Unha emisora "pirata" ou só diferente?Radio piratona emite dende 1988 dende un lugar calquera de Vigo, declárase unha radio libre e independente pero cun gran compromiso coa sociedade. Pretenden facer do medio un servizo social, tratando de denunciar actitudes como o racismo ou a discriminación da muller, sempre afastados das institucións políticas consideran de grande importancia que os medios de comunicación galegos intenten facer por difundir a nosa cultura en galego, así como ser a voz dos problemas da xente de Galicia. Pertencen á asociación cultural Sindomio, e aceptan calquera colaboración, incluso propostas para programas. Se es de Vigo e queres saber qué nos contan, sintoniza a túa radio no 106.0 16/04/2005 18:01 Enlace permanente. Tema: Programas nocturnos en galego No hay comentarios. Comentar. 23/04/2005As cadeas de radio gañan máis de un millón de oíntes a comezos do 2005As radios españolas pasan dos 20.918.000 oíntes de finais do 2004 a 21.923.000, segundo a primeira oleada do EGM, dada a coñecer en Marzo. A cadea SER mantense de líder, subindo a 5.157.000, seguida da COPE con 2.478.000, e Onda Cero. RNE non está incluída no estudo, trala decisión que tomou de abandoar o EGM no 2003, nin Punto Radio, que inda se atopa nos eus inicios e que formará parte da próxima oleada. E xa falando dos programas, segundo as distintas franxas horarias, á mañá segue en cabeza "Hoy por Hoy"(SER), á tarde "La Ventana"(SER) e de noite "Hora 25"(SER), "La Linterna"(COPE) e "La Brújula" (Onda Cero). No apartado de programas deportivos nocturnos segue liderando a oleada "El Larguero"(SER), seguido de "El Tirachinas"(COPE) e "Al Primer Toque" (Onda Cero). En canto a radiofórmulas musicais a Cadena40 segue levando os millores resultados de audiencias, seguida de Kiss FM e Cadena Dial, que descendeu ó terceiro posto cunha perda de audiencia. Super Radio "El ombligo de la luna" Ana Solanes conduce un espacio en Radio1 (de RNE), de domingo a xoves e de 0:00 a 3:00, cheo de actualidade e coa infalible fórmula a estas horas da participación dos oíntes.Así e todo, este programa conta cunha variopinta audiencia, dende adolescentes ata persoas de 30 e 40 anos, e abarca sectores como o dos camioneiros ou dos presos. E que o certo é que os contidos son moi variados:cine; recordos; a "ventana indiscreta" onde os oíntes contan cousas que ven na rúa ou a través da ventana do veciño, e o programa tamén ten un enviado especial que retransmite dende unha Sex Shop; a segunda parte do programa cobra un ton máis íntimo coas confesións dos oíntes e, incluso, da presentadora. É destacable o equipo de ouro que conta o programa, con locutores coñecidos pola súa participación en programas televisivos como CQC (Juanjo de la Iglesia e Tonino) ou de Lo+ Plus (Ramón Arangüena e Javier Coronas), que lle dan ó programa a nota de humor que o diferencia doutros espacios nocturnos. 27/04/2005A tertulia, tamén de noiteA Dra Pastora Moreno Espinosa, pertencente á Universidade de Sevilla, fálanos neste estudo dun xénero radifónico moi estendido en España como é o da tertulia. A radio é o medio de comunicación falado por excelencia e a tertulia ofrece unha maneira plural e democrática de reflexionar sobre os sucesos de actualidade, o que a fai un xénero imprescindible en calquera tipo de programa radiofónico. A autora deste interesante traballo fai unha análise dos xéneros que engloba principalmente este tipo de programas, os principais temas, os referentes en España e as características que adquiren segundo a hora na que se emitan. A franxa nocturna, espacio caracterizado por uns oíntes plenamente fidelizados, preséntase como o millor momento para a análise e a reflexión das noticias do día, caracterízase por maiores doses de opinión e análise ó falar dunhas noticias que se supón que xa se repetiron suficientes veces durante todo o día. O ton é máis serio e reflexivo, máis orientado á información que ó entretemento. Un exemplo exitoso deste tipo de programas en España é Hora 25, que se emite de 22:00 a 0:00, de luns a venres na cadena Ser. La tertulia radiofónica, foro para el siglo XXI 27/04/2005 16:57 Enlace permanente. Tema: Principais programas nocturnos No hay comentarios. Comentar. |
A radio de noiteCada noite, en soidade ou en compañía, convértese en refuxio, entretemento, escapatoria e amiga de millóns de persoas. Por iso gustaríame facer unha pequeniña investigación do que é a radio, ponte e vehículo de información, emocións..., a esas horas, algunhas voces famosas, programas e principais temas.
Temas
ArchivosEnlaces |