17/10/2005Ponte...nas Ondas!Creo, sinceramente, que ésta é unha moi boa iniciativa: Non se trata dun programa nocturno en galego pero creo que se trata dunha iniciativa moi positiva. Así por riba, digamos que é unha maneira de que nenos portugueses e galegos esquezan a fronteira material do Miño (e calqueira outra:¿Para que serven as fronteiras?) e de que entren en contacto co mundo da radio. Hai algunhas emisoras real mente implicadas como son Radio Municipal de Tui(107.4FM)Radio "ECCA" de Vigo (96.5 FM), Radio Allariz (107.2 FM), Radio "Ecos da Raia" de Monçao (92.8 FM),Radio Melgaço (88.5FM),Radio "Cultural" de Vilanova de Cerveira (93.6 FM)e Radio Montalegre (97.5 FM). Ademáis teñen tido intervencións en programas de renome a través de prestixiosos xornalistas como: - Julia Otero en La radio de Julia de Onda Cero Radio - Iñaki Gabilondo en Hoy por Hoy, Cadena Ser - Diamantino José en Tardes da Telefonía de RTP 1 - Gemma Nierga en La Ventana, Cadena Ser Desde hai varios anos os programas están relacionados coa presentación á UNESCO da candidatura do Patrimonio Inmaterial galego-portugués. Por ese motivo, o alumnado elabora traballos nos que recupera, estudia e clasifica o noso Patrimonio Inmaterial. A Universidade tamén participa:pasouse de emitir 12 horas diarias de programación a emitir 24, encargándose a universidade dos programas nocturnos. 17/10/2005 17:57 Enlace permanente. Tema: Programas nocturnos en galego. No hay comentarios. Comentar. Solidariedade na RNEFai uns días tivo lugar no campus de Pontevedra (pertencente á Universidade de Vigo) un curso chamado "Ética e solidariedade nos medios de Comunicación". Foi un curso moi interesante no que descubrimos que había outras maneiras de vida, que non deberiamos quedar impasibles pero, sobre todo, que os medios de comunicación son responsables de moitas maneiras desta situación. Moitas veces prima a súa cualidade de empresas; de estar "manexados" por certas entidades, que son as que aportan o capital; ou de deixarse levar na loita polos máiores índices de audiencia, olvidando calquera iniciativa que non suxira mínimamente a palabra "éxito". Este sería un tema longo, no que deberiamos reflexionar radiodifusores e oíntes (á hora de reclamar unha certa programación). RNE emite cada sábado Solidaridad,dende Radio 5, de 20:30 a 21:00, un espazo diferente (¡É o único con estas carcterísticas en España!!!!!), presentado e dirixido por Eduardo Sanz Mulas e Pura Gómez (a cal puidemos coñecer nas charlas antes mencionadas, e me pareceu unha das persoas máis procupadas e comprometidas que coñezo, cunha gran riqueza humana e intelectual). Neste programa búscase, "en definitiva, dar a coñecer todas aquelas ONG, empresas e institucións, públicas ou privadas e todas as campañas que colaboren en facer unha sociedade máis xusta e igualitaria". Ten dúas partes, na primeira fálase do labor das ONGs que realizan labores en España e na segunda das que a realizan no extranxeiro. Pero o compoñente máis novedoso e interesante do programa é que se lle da voz a afectados e a implicados en millorar, todo o que poidan a situación dos máis desfavorecidos. Gustaríame que os que leades isto fagades comentarios, penso que é fundamental a opinión de todos, porque non debemos permitir que algún día se diga que a nosa é unha sociedade durmida, que foxe das palabras compromiso e solidariedade. 15/10/2005Comezamos de novoQueridos posibles futuros lectores (con tanta vacación non creo que quede nin un habitual): Xa remataron os exames, os meses de sol e cambio de actividades así que creo que chegou a hora de cumplir coas promesas. As radios seguen soando, así que non faltarán cousas de qué falar. O comezo da nova temporada vén marcado polo incremento da opinión e a inclinación cara un ou outro partido nas grandes emisoras, en especial a Ser e a COPE, ós oíntes gústanos cada vez máis sentirnos identificados coa voz dos programas que escoitamos. Das noticias que se comentan máis é a marcha de Iñaqui Gabilondo de "Hoy por Hoy" (Cadena Ser) para incorporarse á nova canle en aberto e privada de televisión: "Cuatro", máis concretamente, ós seus informativos. Seguiremos falando desta perda que sufriu a radio, que terá as suas consecuencias no EGM, pois este locutor é un símbolo para os oíntes da Ser, máis importante que as súas inclinacións políticas ou o estilo do seu programa.Seguiremos o labor de Carles Fancino á fronte deste programa, así como os índices de audiencia en relación a "Protagonistas"ás mañáns de Jiménez Losantosna Cope ou con Herrera dende Onda Cero. Moitos periodistas da radio pásanse a televisión e viceversa, a radio e a televisión, cada vez máis competitivas convértense, nos horarios extratéxicos, en radio e televisión de estrelas. A radio temática segue a gañar terreo fronte á xeralista, seguirei pendente deste e doutros datos que siga a publicar o EGM. Ademáis a radio dixital segue a asomar a súa nariz, traendo novas posibilidades para tódalas cadenas pero fomentando unha pluralidade moitas veces moi difícil polo dominio das grandes emisoras. E teño intención de adentrarme un pouco no panorama da radio galega. 15/10/2005 17:48 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar. 17/06/2005Debate en Hora 25Como galega onte prendín a radio as 22:00, como galega decidín tentar coñecer un pouco (son políticos: persoas "maravillosas e milagreiras" en campaña electoral) as ideas dos tres principais candidatos a poñerse ó frente da Xunta. Por iso teño que felicitar ó programa por esta decisión de adicarlle o seu tempo a que tódolos galegos (sobre todo os que non temos tempo para asistir a mitins e ler tódolos folletos dos partidos)de escoitar, cara a cara, e ver o que temos diante, saber que, a pesar de que os medios de comunicación de masas son do poder, inda temos a oportunidade de disfrutar de espazos de transparencia, sei que son moitos os oíntes que , coma min, lle están agradecidos. Que gañe quen gañe, nunca se perdan os debates, que non teñamos que sentir temor pola súa ausencia como fai catro anos. Felicidades, Hora 25 Que a radio siga sendo ese refuxio da democracia, para sempre. 17/06/2005 11:12 Enlace permanente. Tema: Principais programas nocturnos. No hay comentarios. Comentar. 14/06/2005A millor imaxe: na radioNon, non é que ande de vacacións precisamente, é máis, xa se podía agochar algo o sol ata Xullo: ¡Que dura é a vida do estudiante! De nenos, antes de pechar os ollos moitos tivemos o privilexio de que alguén nos contara un conto, ese conto que sería a ponte dos nosos soños, porque xa rematara o día, só quedaba taparse ben e soñar... Os problemas quedaban lonxanos (polo menos ata o día seguinte), a maior preocupación era quedar cedo a durmir para que teus pais non se enfadaran e...¡para levantarse con moita máis enerxía pola mañá! E, ¿Qué tiñan eses contos de especial? Que os debuxos facíamolos nós, ó noso gusto e xeito: a princesa tería cara de parva e o lobo sería como o bo pastor alemán da veciña, porque era o noso conto. Co paso dos anos os problemas fanse, quizais, máis serios. E cada noite, cada día son millóns as persoas que deciden prender ese aparello multiforme e soñar, quizais cambiar de preocupacións, quizais sentirse acompañados por outras persoas inquedas... O certo é que a radio é un xerador de infinitas imaxes,o máis visual dos medios de masas. Podedes votarlle unha ollada ó artigo da miña compañeira Elena do 8 de xuño, é moi interesante,(iso que estamos en exames). 14/06/2005 12:24 Enlace permanente. Tema: ¿Qué ten de especial a radio de noite?. No hay comentarios. Comentar. |
A radio de noiteCada noite, en soidade ou en compañía, convértese en refuxio, entretemento, escapatoria e amiga de millóns de persoas. Por iso gustaríame facer unha pequeniña investigación do que é a radio, ponte e vehículo de información, emocións..., a esas horas, algunhas voces famosas, programas e principais temas.
Temas
ArchivosEnlaces |