Blogia

A radio de noite

Carrusel deportivo

Carrusel deportivo

Na fin da semana a estrela da Ser é o Carrusel Deportivo, para todos aqueles que sintan a paixón polo fútbol nada millor que sintonizar cun espazo onde a espontaneidade, a emoción de seguir tódolos partidos, en especial calquera que xogue un equipo español, en directo e simultáneamente. es el programa estrella del fin de semana en la SER.
O programa, de ritmo trepidante e desenfadado, ten as súas Carrusel Deportivo no 1954, baixo a dirección de Vicente Marco e a partires dunha idea de Bobby Deglané. A idea de retransmitir partidos de fútbol simultáneamente antoxábase descabelada naquela época ante a escaseza de suficientes recursos técnicos pero, sen interrumpir nuca a súa emisión, polo carrusel xa pasou unha xeitosa lista de figuras da radio (Ramón Gabilondo, Joaquín Durán,...) e segue a conservar a frescura e simpatía dos seus inicios da man de Pepe González e Paco Domingo Castaño.

Fallo das emisoras galegas

Hoxe descubrín o porqué de non atopar apenas información das emisoras galegas, a gran maioría non teñen páxina web o que, para a miña opinión ha de ter consecuencias á hora de darse a coñecer e reducirá, posiblemente, o número de oíntes.
En Pontevedra de 66 emisoras rexistradas só teñen páxina propia 14; na Coruña de 75 22; en Lugo de 36 14;e en Ourense de 31 10.
Ademáis a maioría das páxinas non son de emisoras propiamente galegas, a cadena COPE, os 40 Principais, Cadena Dial, M80, a Ser son das máis preocupadas por ter unha web. E tamén as emisoras pertencentes á administración.
Así que, dende a miña humilde posición e en nome de tódolos navegantes, animo ás novas e vellas emisoras galegas (e non galegas) a que se fagan cun oco na rede, porque vos queremos coñecer.
Portal mundos: directorio das emisoras de radio de España

¿Quen?¿Cando?¿Como?

Probablemente, dende que naceches, esa incomprensible caixa que emite voces e cambia de conversa segundo ande o teu ánimo formou parte do mobiliario da túa casa, coche. O máis seguro é que máis dunha vez o seu murmullo che servise para afogar un silencio incómodo, e algunha outra te fixo enmudecer a ti con algo do que dixo.
Seguro que recordas cal era o programa que os domingos á mañán facía sorrir ós teus pais, ou aquela canción que soou no momento máis adecuado, pode que ata tiveras a sorte de que alguén che falara só a ti a través dela.
Foron necesarias unhas cantas persoas, importantes descubrimentos e bastantes anos para facer posible a radio, ¿non che gustaría descubrilos?

Xa non chegan cartas a "La Gramola"

Sen desmerecer o labor que está a realizar Agustín García, como fiel gramoleira ó longo de tres anos, gustaríame expoñer uns sucesos que me extrañan, alarman e sorprenden; invitando a outros gramoleiros a que plasmen aquí a súa opinión.
O 31 de decembro do 2004 Joaquín Guzmán, tras 10 anos sendo conductor do programa "La Gramola"(creado a iniciativa súa), desaparece, sen oportunidade de despedirse, das emisións deste espazo radiofónico, a petición do director de M80, Manuel Dávila e o das cadeas musicais da Ser, Jorge Flo.
O lexendario locutor foi despedido por mor dunha nova extratexia da emisora na que se prima a música en detrimento das voces, segundo eles Joaquín Guzmán é especialista en música española e cantautores, e preténdese especializar o espazo na música dos oitenta.
A gota que colmou o vaso neta sinistra expulsión foi a ameaza de retirar a candidatura ós premios da Academia da Música ó millor programa de radiofórmula, nos que "A Gramola" resultou premiado, se se mantiña a invitación de Guzmán para asistir ó evento.
Él quedou na casa e a cadea negou os feitos.
Agora Joaquín tamén se foi da Ser, onde non se atopaba satisfeito. O certo é que miles de oíntes protestan onde poden pola súa expulsión do programa, que, por certo, xa non se trata do cálido espazo onde os oíntes contaban historias e pedían cancións a través de cartas e do teléfono, agora só sirve o sms e o email.
Xa non existe o carácterístico son da caída das moedas e "Bienvenido a la Gramola, ésta es su elección" que caracterizaban o programa. Os gramoleiros pregúntanse polas razóns que levaron á cadea a cambiar o locutor e o formato dun espazo tan exitoso, co tempo saberase.eldial.net

"Buscamos nome para o primeiro retoño dos príncipes de Asturias "

Falando de programas de radio exitosos e lendo esta "proposta", supoño que a maioría estaredes a pensar nun único nome:Gomaespuma.
Este par de monstros da radio e o humor levan máis de 20 anos xuntos, dende a facultade e pasando por cadeas como M80. Agora, para a ledicia de miles de oíntes, podémolos escoitar en Onda Cero ás tardes de 16:00 a 19:00, e de novo de noite de 4:00 a 6:00.
Hai quen di que foi esta unha proposta arriscada para a cadea, polo horario no que decidiu incluir o programa; o certo é que, como cabía esperar deste gran equipo, a decisión foi todo un éxito.
Gomaespuma é un contacto diferente e en clave de humor coa realidade, unha maneira orixinal e divertida de amosarnos o mundo que temos máis preto.

A federación de Asociacións de Radio e TV concede as 33ª Antenas de Ouro

A Federación de Asociacions de Radio e Televisión, distinguíu con tres galardons a Punto Radio. Os prestixiosos premios recoñeceron la traxectoria profesional de Javier Fernández Arribas, xefe dos Servicios Informativos da cadea radiofónica, e o labor de Josep Pedrerol e José Ramos Marcos, polo magazín nocturno El mirador del deporte.Además, o xurado premiou no apartado de emisoras locais o espazo «La Ciutat de tots», que presenta Albert Castillón en Punto Radio en Cataluña.
Na modalidade de radio tamén foi recoñecido o programa La brújula, de Onda Cero, que dirixe Juan Pablo Colmenarejo, así como «No es un día cualquiera», que conduce Pepa Fernández en RNE, e La Linterna da COPE, que presenta Cesar Vidal.

ABC 28/04/05

Post do día 30

Escollín o tema da radio, porque creo que é un medio moi especial, onde as cousas se contan de maneira máis cercana e inmediata e onde se suxiren máis imaxes que en calqueira dos outros medios, chamados audiovisuais.
Ademáis pareceume interesante centrarme na programación nocturna, porque non sabía apenas nada dela e sempre me chamou a atención o ton íntimo que cobra a radio a esas horas.
Pois ben, resultou ser un tema bastante orixinal pois é bastante complicado atopar información concreta sobre él na rede, e moito menos en galego.
Un detalle que me pareceu curioso ó tempo que alarmente foi a pouca información que existe na rede sobre as emisoras galegas que, no caso de teren páxina web, non amosan grande interese en falar dos seus programas para darse a coñecer ós posibles oíntes.
Tampouco hai un gran número de blogers especializados no tema da radio, eu en concreto atopei dous, dos cales un deixou de publicar fai semanas.
As páxinas máis interesantes e que me serviron máis foron as das emisoras españolas (de Galicia só atopei unha que falara do contido dos seus programas: a RTVG) e algunha de revistas adicadas ó tema da radio.
Últimamente tamén descubrín varias autoridades que falan sobre a radio, relacionándoa coas persoas, culturas, labores sociais... Espero atopar nas súas teorías referencias á franxa nocturna e inda teño a esperanza de seguir o meu obxectivo inicial de centrarme na radio en Galicia.
Un saúdo.

A tertulia, tamén de noite

A Dra Pastora Moreno Espinosa, pertencente á Universidade de Sevilla, fálanos neste estudo dun xénero radifónico moi estendido en España como é o da tertulia. A radio é o medio de comunicación falado por excelencia e a tertulia ofrece unha maneira plural e democrática de reflexionar sobre os sucesos de actualidade, o que a fai un xénero imprescindible en calquera tipo de programa radiofónico.
A autora deste interesante traballo fai unha análise dos xéneros que engloba principalmente este tipo de programas, os principais temas, os referentes en España e as características que adquiren segundo a hora na que se emitan.
A franxa nocturna, espacio caracterizado por uns oíntes plenamente fidelizados, preséntase como o millor momento para a análise e a reflexión das noticias do día, caracterízase por maiores doses de opinión e análise ó falar dunhas noticias que se supón que xa se repetiron suficientes veces durante todo o día.
O ton é máis serio e reflexivo, máis orientado á información que ó entretemento.
Un exemplo exitoso deste tipo de programas en España é Hora 25, que se emite de 22:00 a 0:00, de luns a venres na cadena Ser.
La tertulia radiofónica, foro para el siglo XXI

As cadeas de radio gañan máis de un millón de oíntes a comezos do 2005

As radios españolas pasan dos 20.918.000 oíntes de finais do 2004 a 21.923.000, segundo a primeira oleada do EGM, dada a coñecer en Marzo. A cadea SER mantense de líder, subindo a 5.157.000, seguida da COPE con 2.478.000, e Onda Cero.
RNE non está incluída no estudo, trala decisión que tomou de abandoar o EGM no 2003, nin Punto Radio, que inda se atopa nos eus inicios e que formará parte da próxima oleada.
E xa falando dos programas, segundo as distintas franxas horarias, á mañá segue en cabeza "Hoy por Hoy"(SER), á tarde "La Ventana"(SER) e de noite "Hora 25"(SER), "La Linterna"(COPE) e "La Brújula" (Onda Cero). No apartado de programas deportivos nocturnos segue liderando a oleada "El Larguero"(SER), seguido de "El Tirachinas"(COPE) e "Al Primer Toque" (Onda Cero).
En canto a radiofórmulas musicais a Cadena40 segue levando os millores resultados de audiencias, seguida de Kiss FM e Cadena Dial, que descendeu ó terceiro posto cunha perda de audiencia.
Super Radio

"El ombligo de la luna"

"El ombligo de la luna"

Ana Solanes conduce un espacio en Radio1 (de RNE), de domingo a xoves e de 0:00 a 3:00, cheo de actualidade e coa infalible fórmula a estas horas da participación dos oíntes.
Así e todo, este programa conta cunha variopinta audiencia, dende adolescentes ata persoas de 30 e 40 anos, e abarca sectores como o dos camioneiros ou dos presos. E que o certo é que os contidos son moi variados:cine; recordos; a "ventana indiscreta" onde os oíntes contan cousas que ven na rúa ou a través da ventana do veciño, e o programa tamén ten un enviado especial que retransmite dende unha Sex Shop; a segunda parte do programa cobra un ton máis íntimo coas confesións dos oíntes e, incluso, da presentadora.
É destacable o equipo de ouro que conta o programa, con locutores coñecidos pola súa participación en programas televisivos como CQC (Juanjo de la Iglesia e Tonino) ou de Lo+ Plus (Ramón Arangüena e Javier Coronas), que lle dan ó programa a nota de humor que o diferencia doutros espacios nocturnos.

cadeas galegas

"A veces llegan cartas"

"A veces llegan cartas"

M80 radioPrimeiro escoitamos o ruído que fai ó caer unha moeda e a continuación unha voz de muller que di:"Bienvenido a la gramola. Ésta es tu elección." Quizais neste momento ti estés dibuxando o sorriso de cando oes falar dun vello coñecido, ou dunha parte especial da túa vida..."La Gramola" é un espazo onde os oíntes de m80 falan das súas vivenzase emocións , onde a música cobra o sentido que todos coñecemos á perfección, o de banda sonora do álbum das nosas vidas, imaxe dos nosos sentimentos e vehículo dos nosos recordos.

Foi Joaquín Guzmán, que dende novo amosou inclinacións cara o terreo do campo social e a socioloxía, o que iniciou en 1991 esta radiofórmula tan coñecida: a da radio musical onde os oíntes fan as súas proposicións. Pero "La Gramola" tamén ten outros apartados que o fan especial: O de versión orixinal, o de cine, canción a medida...e, ademáis o eqipo do programa móvese por toda España e, entre os grupos invitados, tamén dan a oportunidade de amosar o seu traballo a grupos pouco coñecidos ou nos seus inicios ( cantautores como Ismael Serrano e Pedro Guerra visitaron o programa).

Pero o que ten de peculiar "La Gramola" é que prefiren que as peticións e as historias dos oíntes cheguen por carta, o que dota o programa do aire íntimo e cercano que acadou importantes índices de audiencia. O éxito deste detalle foi tal que en Abril do 2002, a iniciativa de Guzmán, locutor e director do programa naqueles días, publicouse un libro recopilando algunhas das mellores cartas, "A veces llegan cartas". Trátase dun libro engaiolante, capaz de emocionar, estremecer e incluso facer rir; ademáis de ser unha suxerente invitación a participar nese espazo tan especial como é "La Gramola".

Actualmente o locutor é Agustín García, inda que o director segue a ser Joaquín Guzmán.

Manel Fuentes ás 12 "en punto"

Manel Fuentes ás 12 "en punto"

Dende moi novo, este simpático e coñecido comediante sentiuse fascinado polo xornalismo. Comezou nunha cadea de radio de Barcelona mentres estudiaba, foise a EEUU pra estudiar os formatos que triunfaban naquel país e, ó volver, foi Javier Sardá quen lle brindou a oportunidade de saltar á fama en televisión cunha pequena colaboración en Crónicas Marcianas. Actualmente Telecinco descubriu nel un gran profesional, conduce os espazos de CQC e La noche...
Como actor tamén participou en El Club de la Comedia e 5hombres.com.
Pero o que foi e segue a ser constante na súa carreira é a radio. Con Problemes domestics, de RAC1 (unha cadea catalana) gañou un premio Ondas no 2001.
Actualmente conduce "A las doce en punto" en Punto Radio onde fai o que mellor sabe facer: humor. É un informativo satírico que repasa a actualidade do día e onde non faltan as súas coñecidas imitacións, onde os personaxes nos dan acceso ó seu diario íntimo. Conta ademáis cun imitador que non imita, con entrevistas en directo e os protagonistas do día, co estilo propio de Manel.
E os venres son especiais, cunha tertulia á que Manel denomina"comité de sabios", onde se unen actualidade e música. Montaxes de audio, parodias e, ante todo, un espazo de reflexión de cara á fin de semana.
Xa o sabes, sintoniza Punto Radio, de luns a venres de 12 a 1:30 da madrugada.

Desafogarse

De noite, a radio deixa de soar como ruido de fondo, co ir e vir dunha realidade que xamais se detén, para cobrar o ton íntimo dunha amiga e confidente. Por iso, os programas nos que paricipa o oínte, moi comúns dende os inicios deste medio, cobran especial relevancia a estas horas.
Sobre todo para as persoas que están ou se senten soas, é moi importante o feito de saberse comprendidas por alguén(inda que para elas tan só sexa unha voz) e escoitar outras persoas que necesitan desafogarse. A miúdo, o locutor non ten ningún coñecemento de psicoloxía, por iso o programa fano os oíntes que cada noite, mediante carta(tendencia cada vez menos seguida), correo electrónico, teléfono ou fax; fan das súas inquedanzas algo, en certa maneira, universal.
Dise que a radio é un servicio público, presta ós cidadáns o seu dereito á información e á liberdade de expresión. Pero tamén se debe resaltar a súa importancia no sentido en que proporciona unha ocasión de comunicación a aquelas persoas que, por uns ou outros motivos, non teñen a oprtunidade de tela e, ó mesmo tempo, a posibilidade de evitar un sentimento que resulta negativo.
É moi común que as íntervencións feitas polos oíntes destes programas compartan moitos rasgos co xénero literario da confesión, é dicir, desesperación por atoparse escuro e incompleto e afán de acharse, buscando algo onde recoñecerse.
Por iso, esta modalidade participativa é unha maneira de liberación, pois permítelle á xente compartir as súas situacións de alegría ou miseria. É algo moi positivo e apreciado pola audiencia a súa existencia.

Homenaxe a Joaquín Luqui

Homenaxe a Joaquín Luqui

Compañeiros e amigos de Joaquín Luqui, falecido hoxe en Madrid, así como diversos cantantes, recordaron esta mañá a importancia que para a radio tivo este experto no mundo da música. A capilla ardente do xornalista e locutor dos 40 Principales, cuxos restos mortais serán mañá incinerados no Cementerio da Almudena e logo trasladados á súa vila natal, permanece hoxe instalada no tanatorio madrileño da M-30.
Por Redacción / Agencias / los40.com Madrid (28/03/2005)

noticia

CONSULTORIO DE ELENA FRANCIS

CONSULTORIO DE ELENA FRANCIS

Nos años 40 a radio experimenta importantes cambios e comeza os seus anos dourados. A programación que ata entón era básicamente musical, introduce grandes novidades: seriais, concursos, consultorios... convertíndoa en compañeira e confidente.
Neste contexto nace un dos programas máis recordados y emblemáticos da radiodifusión en España:”El consultorio de Elena Francis”.
Dirixido principalmente á audiencia feminina, o programa atendía as consultas das oíntes, xa foran de beleza, cociña, saúde, xardiñería... Pero sin duda foi evolucionando co tempo ata convertirse básicamente en consultorio sentimental. Pronto se converte nun dos programas máis populares, chegando a mantenerse en antena durante 37 anos.
Un dos misterios que rodeaba ó consultorio, era a identidade da Señora Elena Francis, que chega a convertirse nun dos personaxes radiofónicos máis queridos, sendo en realidade un ser ficticio.
Francisca Bes foi a auténtica “Elena Francis”, a persoa de quen partiu a idea do consultorio, o perfil da famosa personaxe, sentou as bases do programa y ata elixiu a sintonía do mesmo.” Indian Summer” de Victor Herbert, é a melodía que a todos nos ven á mente ó recordar o consultorio, que forma parte da memoria colectiva dos españois e galegos.
Así o consultorio nace como un espazo que aconsella á muller ó mesmo tempo que publicita os cosméticos e os servizos do instituto de beleza da familia Fradera, a do home de Francisca. Iniciouse no 1947 en Radio Barcelona, onde permaneceu en antena durante 19 anos,a duración de cada emisión era duns 30 minutos nos que se daba resposta a 7 cartas. A media mensual eran aproximadamente 168. Para seleccionalas y respondelas “Elena Francis” contou nos seus inicios cun equipo de guionistas que se documentaba sobre os diferentes temas para buscar o consello ou resposta máis apropiado de acordo cos principios morais do réxime do momento.
“Elena Francis” respondía con seriedade e rigor a tódolos temas, aínda que se censuraban os relacionados coa política. Cando o caso das consultantes o requería , éstas eran remitidas a un especialista.
Durante os anos da transición, o consultorio tivo que adaptar as súas respostas á nova realidade de España, abandoando a imaxe conservadora para facerse máis aberta e liberal..
Ó longo da súa traxectoria a suposta “Elena Francis” tivo diferentes voces (María Garriga, Rosario Caballé,Maruja Fernández...). O 31 de xaneiro de 1984 , tras ter caído os seus índices de audiencia, “Elena Francis” desaparece definitivamente das ondas de forma imprevista e provocando certo alboroto entre os oíntes máis fieis, incapaz de loitar contra unha imaxe demasiado conservadora para os anos que corrían.

O misterio nas noites da Ser

Misterios non resoltos, periodismo de investigación, fenómenos extraños, ciencia de vangarda, enigmas das antigas civilizacións...todo iso é "Milenio 3". Cunha visión reporteril dos feitos, enviados especiais informando dende diversos lugares do Globo e unha conexión permanente coas novas tecnoloxías e Internet, este espacio entra a fondo en temas habitualmente considerados tabú e que, a pesares da pouca información que ata o de agora ofrecían os medios xeneralistas, atraen ó gran público que afronta cheo de curiosidade este terceiro milenio.
É un programa no que o oínte tamén conta, ó estaren dispostos a recibir suxerencias e abertos sempre á súa participación, ben a través de internet ou polo teléfono.
Coa voz de Carlos C.Barroso recréanse esceas de casos tal como foron e inquedantes introduccións a cada tema, contando ademáis con documentos sonopros exclusivos.
milenio3milenio 3

"os programas de radio nocturnos"

Neste artigo, Ruth García fai unha introducción do que é o xénero da radio nocturna, o que supoñen estas emisións nun medio ó alcance de milleiros de persoas e, polo tanto escoitado por unha grande audiencia.
Cunha labor informativa, de entretemento ou de axuda, é esta última función a máis aclamada polo público xa que, estes programas son, a miúdo, unha especie de servizo público, onde os oíntes se converten en protagonistas e saen a relucir múltiples problemas entre os que destaca a soidade.
A autora fai un breve percorrido polas principais voces destes espazos, dende Fina Rodríguez ata Genma Nierga, Encarna Sánchez ou Elena Francis."Los programas de radio nocturnos"

A radio galega de noite (RTVG)

Compañía de Radio-Televisión de GaliciaRTVGNesta cadea altérnanse informativos coa emisión de dous programas de contidos moi comúns neste xénero (o nocturno).
En "Milenio" altérnanse mitos e lendas populares, coa tradición popular e o misterio que xira arredor dos OVNIS, propoñéndose deterse en calquera dos misterios que se nos presentan ós homes. Emítese de luns a xoves, de 1h a 2h, da man de Antón Rebollido.
"Pensando en ti" é un punto de encontro para moitas persoas, a partires do directo polo teléfono compártense, nun ton distendido, experiencias persoais opinións...Incluso, a miúdo, convértese nun servicio informativo a través do que os oíntes transmiten o que pasa arredor deles; calquera cousa que ocorra en Galicia é sabido que se comentará en "Pensando en ti", como o caso da Ponte das Pías en Ferrol, foi este programa o primeiro no que se comezou a falar del. Emítese de domingo a xoves, de 2:00 a 7:00, coa voz de Marcial Mouzo.