|
Se muestran los artículos pertenecientes al tema Principais programas nocturnos. 17/06/2005Debate en Hora 25Como galega onte prendín a radio as 22:00, como galega decidín tentar coñecer un pouco (son políticos: persoas "maravillosas e milagreiras" en campaña electoral) as ideas dos tres principais candidatos a poñerse ó frente da Xunta. Por iso teño que felicitar ó programa por esta decisión de adicarlle o seu tempo a que tódolos galegos (sobre todo os que non temos tempo para asistir a mitins e ler tódolos folletos dos partidos)de escoitar, cara a cara, e ver o que temos diante, saber que, a pesar de que os medios de comunicación de masas son do poder, inda temos a oportunidade de disfrutar de espazos de transparencia, sei que son moitos os oíntes que , coma min, lle están agradecidos. Que gañe quen gañe, nunca se perdan os debates, que non teñamos que sentir temor pola súa ausencia como fai catro anos. Felicidades, Hora 25 Que a radio siga sendo ese refuxio da democracia, para sempre. 17/06/2005 11:12 Enlace permanente. Tema: Principais programas nocturnos No hay comentarios. Comentar. 23/05/2005Alternativa de madrugadaChámase "A cielo abierto" porque se di que se atopa nas antípodas do día. O que máis chama a atención é o formato, tan inusual a esas horas e a vitalidade e enerxía do locutor e, sobre todo, dos reporteiros, sempre a pe de rúa, tanto se chove como se neva. Os oíntes din que acerta coa información específica que lle soe interesar ós colectivos que traballan a esas horas. E é que o programa que conduce Enrique Campo está indicado para todas esas persoas que viven "ó revés", sexa o que sexa o que anden a facer os luns de 4:00 a 6:00 ou de martes a venres, de 1:30 a 6:00; por iso sempre se emite en directo e se trata todo tipo de temas. 23/05/2005 11:28 Enlace permanente. Tema: Principais programas nocturnos No hay comentarios. Comentar. 15/05/2005Carrusel deportivo Na fin da semana a estrela da Ser é o Carrusel Deportivo, para todos aqueles que sintan a paixón polo fútbol nada millor que sintonizar cun espazo onde a espontaneidade, a emoción de seguir tódolos partidos, en especial calquera que xogue un equipo español, en directo e simultáneamente. es el programa estrella del fin de semana en la SER. O programa, de ritmo trepidante e desenfadado, ten as súas Carrusel Deportivo no 1954, baixo a dirección de Vicente Marco e a partires dunha idea de Bobby Deglané. A idea de retransmitir partidos de fútbol simultáneamente antoxábase descabelada naquela época ante a escaseza de suficientes recursos técnicos pero, sen interrumpir nuca a súa emisión, polo carrusel xa pasou unha xeitosa lista de figuras da radio (Ramón Gabilondo, Joaquín Durán,...) e segue a conservar a frescura e simpatía dos seus inicios da man de Pepe González e Paco Domingo Castaño. 15/05/2005 18:11 Enlace permanente. Tema: Principais programas nocturnos No hay comentarios. Comentar. 27/04/2005A tertulia, tamén de noiteA Dra Pastora Moreno Espinosa, pertencente á Universidade de Sevilla, fálanos neste estudo dun xénero radifónico moi estendido en España como é o da tertulia. A radio é o medio de comunicación falado por excelencia e a tertulia ofrece unha maneira plural e democrática de reflexionar sobre os sucesos de actualidade, o que a fai un xénero imprescindible en calquera tipo de programa radiofónico. A autora deste interesante traballo fai unha análise dos xéneros que engloba principalmente este tipo de programas, os principais temas, os referentes en España e as características que adquiren segundo a hora na que se emitan. A franxa nocturna, espacio caracterizado por uns oíntes plenamente fidelizados, preséntase como o millor momento para a análise e a reflexión das noticias do día, caracterízase por maiores doses de opinión e análise ó falar dunhas noticias que se supón que xa se repetiron suficientes veces durante todo o día. O ton é máis serio e reflexivo, máis orientado á información que ó entretemento. Un exemplo exitoso deste tipo de programas en España é Hora 25, que se emite de 22:00 a 0:00, de luns a venres na cadena Ser. La tertulia radiofónica, foro para el siglo XXI 27/04/2005 16:57 Enlace permanente. Tema: Principais programas nocturnos No hay comentarios. Comentar. 23/04/2005"El ombligo de la luna" Ana Solanes conduce un espacio en Radio1 (de RNE), de domingo a xoves e de 0:00 a 3:00, cheo de actualidade e coa infalible fórmula a estas horas da participación dos oíntes.Así e todo, este programa conta cunha variopinta audiencia, dende adolescentes ata persoas de 30 e 40 anos, e abarca sectores como o dos camioneiros ou dos presos. E que o certo é que os contidos son moi variados:cine; recordos; a "ventana indiscreta" onde os oíntes contan cousas que ven na rúa ou a través da ventana do veciño, e o programa tamén ten un enviado especial que retransmite dende unha Sex Shop; a segunda parte do programa cobra un ton máis íntimo coas confesións dos oíntes e, incluso, da presentadora. É destacable o equipo de ouro que conta o programa, con locutores coñecidos pola súa participación en programas televisivos como CQC (Juanjo de la Iglesia e Tonino) ou de Lo+ Plus (Ramón Arangüena e Javier Coronas), que lle dan ó programa a nota de humor que o diferencia doutros espacios nocturnos. 15/04/2005Manel Fuentes ás 12 "en punto" Dende moi novo, este simpático e coñecido comediante sentiuse fascinado polo xornalismo. Comezou nunha cadea de radio de Barcelona mentres estudiaba, foise a EEUU pra estudiar os formatos que triunfaban naquel país e, ó volver, foi Javier Sardá quen lle brindou a oportunidade de saltar á fama en televisión cunha pequena colaboración en Crónicas Marcianas. Actualmente Telecinco descubriu nel un gran profesional, conduce os espazos de CQC e La noche...Como actor tamén participou en El Club de la Comedia e 5hombres.com. Pero o que foi e segue a ser constante na súa carreira é a radio. Con Problemes domestics, de RAC1 (unha cadea catalana) gañou un premio Ondas no 2001. Actualmente conduce "A las doce en punto" en Punto Radio onde fai o que mellor sabe facer: humor. É un informativo satírico que repasa a actualidade do día e onde non faltan as súas coñecidas imitacións, onde os personaxes nos dan acceso ó seu diario íntimo. Conta ademáis cun imitador que non imita, con entrevistas en directo e os protagonistas do día, co estilo propio de Manel. E os venres son especiais, cunha tertulia á que Manel denomina"comité de sabios", onde se unen actualidade e música. Montaxes de audio, parodias e, ante todo, un espazo de reflexión de cara á fin de semana. Xa o sabes, sintoniza Punto Radio, de luns a venres de 12 a 1:30 da madrugada. 15/04/2005 11:57 Enlace permanente. Tema: Principais programas nocturnos No hay comentarios. Comentar. 06/04/2005"A veces llegan cartas" M80 radioPrimeiro escoitamos o ruído que fai ó caer unha moeda e a continuación unha voz de muller que di:"Bienvenido a la gramola. Ésta es tu elección." Quizais neste momento ti estés dibuxando o sorriso de cando oes falar dun vello coñecido, ou dunha parte especial da túa vida..."La Gramola" é un espazo onde os oíntes de m80 falan das súas vivenzase emocións , onde a música cobra o sentido que todos coñecemos á perfección, o de banda sonora do álbum das nosas vidas, imaxe dos nosos sentimentos e vehículo dos nosos recordos.Foi Joaquín Guzmán, que dende novo amosou inclinacións cara o terreo do campo social e a socioloxía, o que iniciou en 1991 esta radiofórmula tan coñecida: a da radio musical onde os oíntes fan as súas proposicións. Pero "La Gramola" tamén ten outros apartados que o fan especial: O de versión orixinal, o de cine, canción a medida...e, ademáis o eqipo do programa móvese por toda España e, entre os grupos invitados, tamén dan a oportunidade de amosar o seu traballo a grupos pouco coñecidos ou nos seus inicios ( cantautores como Ismael Serrano e Pedro Guerra visitaron o programa). Pero o que ten de peculiar "La Gramola" é que prefiren que as peticións e as historias dos oíntes cheguen por carta, o que dota o programa do aire íntimo e cercano que acadou importantes índices de audiencia. O éxito deste detalle foi tal que en Abril do 2002, a iniciativa de Guzmán, locutor e director do programa naqueles días, publicouse un libro recopilando algunhas das mellores cartas, "A veces llegan cartas". Trátase dun libro engaiolante, capaz de emocionar, estremecer e incluso facer rir; ademáis de ser unha suxerente invitación a participar nese espazo tan especial como é "La Gramola". Actualmente o locutor é Agustín García, inda que o director segue a ser Joaquín Guzmán. 28/03/2005O misterio nas noites da SerMisterios non resoltos, periodismo de investigación, fenómenos extraños, ciencia de vangarda, enigmas das antigas civilizacións...todo iso é "Milenio 3". Cunha visión reporteril dos feitos, enviados especiais informando dende diversos lugares do Globo e unha conexión permanente coas novas tecnoloxías e Internet, este espacio entra a fondo en temas habitualmente considerados tabú e que, a pesares da pouca información que ata o de agora ofrecían os medios xeneralistas, atraen ó gran público que afronta cheo de curiosidade este terceiro milenio. É un programa no que o oínte tamén conta, ó estaren dispostos a recibir suxerencias e abertos sempre á súa participación, ben a través de internet ou polo teléfono. Coa voz de Carlos C.Barroso recréanse esceas de casos tal como foron e inquedantes introduccións a cada tema, contando ademáis con documentos sonopros exclusivos. milenio3milenio 3 |
A radio de noiteCada noite, en soidade ou en compañía, convértese en refuxio, entretemento, escapatoria e amiga de millóns de persoas. Por iso gustaríame facer unha pequeniña investigación do que é a radio, ponte e vehículo de información, emocións..., a esas horas, algunhas voces famosas, programas e principais temas.
Temas
ArchivosEnlaces |