|
Debate en Hora 25Como galega onte prendín a radio as 22:00, como galega decidín tentar coñecer un pouco (son políticos: persoas "maravillosas e milagreiras" en campaña electoral) as ideas dos tres principais candidatos a poñerse ó frente da Xunta. Por iso teño que felicitar ó programa por esta decisión de adicarlle o seu tempo a que tódolos galegos (sobre todo os que non temos tempo para asistir a mitins e ler tódolos folletos dos partidos)de escoitar, cara a cara, e ver o que temos diante, saber que, a pesar de que os medios de comunicación de masas son do poder, inda temos a oportunidade de disfrutar de espazos de transparencia, sei que son moitos os oíntes que , coma min, lle están agradecidos. Que gañe quen gañe, nunca se perdan os debates, que non teñamos que sentir temor pola súa ausencia como fai catro anos. Felicidades, Hora 25 Que a radio siga sendo ese refuxio da democracia, para sempre. 17/06/2005 11:12 Comentarios » Ir a formulario |
A radio de noiteCada noite, en soidade ou en compañía, convértese en refuxio, entretemento, escapatoria e amiga de millóns de persoas. Por iso gustaríame facer unha pequeniña investigación do que é a radio, ponte e vehículo de información, emocións..., a esas horas, algunhas voces famosas, programas e principais temas.
Temas
ArchivosEnlaces |