|
Comezamos de novoQueridos posibles futuros lectores (con tanta vacación non creo que quede nin un habitual): Xa remataron os exames, os meses de sol e cambio de actividades así que creo que chegou a hora de cumplir coas promesas. As radios seguen soando, así que non faltarán cousas de qué falar. O comezo da nova temporada vén marcado polo incremento da opinión e a inclinación cara un ou outro partido nas grandes emisoras, en especial a Ser e a COPE, ós oíntes gústanos cada vez máis sentirnos identificados coa voz dos programas que escoitamos. Das noticias que se comentan máis é a marcha de Iñaqui Gabilondo de "Hoy por Hoy" (Cadena Ser) para incorporarse á nova canle en aberto e privada de televisión: "Cuatro", máis concretamente, ós seus informativos. Seguiremos falando desta perda que sufriu a radio, que terá as suas consecuencias no EGM, pois este locutor é un símbolo para os oíntes da Ser, máis importante que as súas inclinacións políticas ou o estilo do seu programa.Seguiremos o labor de Carles Fancino á fronte deste programa, así como os índices de audiencia en relación a "Protagonistas"ás mañáns de Jiménez Losantosna Cope ou con Herrera dende Onda Cero. Moitos periodistas da radio pásanse a televisión e viceversa, a radio e a televisión, cada vez máis competitivas convértense, nos horarios extratéxicos, en radio e televisión de estrelas. A radio temática segue a gañar terreo fronte á xeralista, seguirei pendente deste e doutros datos que siga a publicar o EGM. Ademáis a radio dixital segue a asomar a súa nariz, traendo novas posibilidades para tódalas cadenas pero fomentando unha pluralidade moitas veces moi difícil polo dominio das grandes emisoras. E teño intención de adentrarme un pouco no panorama da radio galega. 15/10/2005 17:48 Comentarios » Ir a formulario |
A radio de noiteCada noite, en soidade ou en compañía, convértese en refuxio, entretemento, escapatoria e amiga de millóns de persoas. Por iso gustaríame facer unha pequeniña investigación do que é a radio, ponte e vehículo de información, emocións..., a esas horas, algunhas voces famosas, programas e principais temas.
Temas
ArchivosEnlaces |