|
Se muestran los artículos pertenecientes al tema Programas nocturnos en galego. 17/10/2005Ponte...nas Ondas!Creo, sinceramente, que ésta é unha moi boa iniciativa: Non se trata dun programa nocturno en galego pero creo que se trata dunha iniciativa moi positiva. Así por riba, digamos que é unha maneira de que nenos portugueses e galegos esquezan a fronteira material do Miño (e calqueira outra:¿Para que serven as fronteiras?) e de que entren en contacto co mundo da radio. Hai algunhas emisoras real mente implicadas como son Radio Municipal de Tui(107.4FM)Radio "ECCA" de Vigo (96.5 FM), Radio Allariz (107.2 FM), Radio "Ecos da Raia" de Monçao (92.8 FM),Radio Melgaço (88.5FM),Radio "Cultural" de Vilanova de Cerveira (93.6 FM)e Radio Montalegre (97.5 FM). Ademáis teñen tido intervencións en programas de renome a través de prestixiosos xornalistas como: - Julia Otero en La radio de Julia de Onda Cero Radio - Iñaki Gabilondo en Hoy por Hoy, Cadena Ser - Diamantino José en Tardes da Telefonía de RTP 1 - Gemma Nierga en La Ventana, Cadena Ser Desde hai varios anos os programas están relacionados coa presentación á UNESCO da candidatura do Patrimonio Inmaterial galego-portugués. Por ese motivo, o alumnado elabora traballos nos que recupera, estudia e clasifica o noso Patrimonio Inmaterial. A Universidade tamén participa:pasouse de emitir 12 horas diarias de programación a emitir 24, encargándose a universidade dos programas nocturnos. 17/10/2005 17:57 Enlace permanente. Tema: Programas nocturnos en galego No hay comentarios. Comentar. 16/04/2005¿Unha emisora "pirata" ou só diferente?Radio piratona emite dende 1988 dende un lugar calquera de Vigo, declárase unha radio libre e independente pero cun gran compromiso coa sociedade. Pretenden facer do medio un servizo social, tratando de denunciar actitudes como o racismo ou a discriminación da muller, sempre afastados das institucións políticas consideran de grande importancia que os medios de comunicación galegos intenten facer por difundir a nosa cultura en galego, así como ser a voz dos problemas da xente de Galicia. Pertencen á asociación cultural Sindomio, e aceptan calquera colaboración, incluso propostas para programas. Se es de Vigo e queres saber qué nos contan, sintoniza a túa radio no 106.0 16/04/2005 18:01 Enlace permanente. Tema: Programas nocturnos en galego No hay comentarios. Comentar. 22/03/2005A radio galega de noite (RTVG)Compañía de Radio-Televisión de GaliciaRTVGNesta cadea altérnanse informativos coa emisión de dous programas de contidos moi comúns neste xénero (o nocturno). En "Milenio" altérnanse mitos e lendas populares, coa tradición popular e o misterio que xira arredor dos OVNIS, propoñéndose deterse en calquera dos misterios que se nos presentan ós homes. Emítese de luns a xoves, de 1h a 2h, da man de Antón Rebollido. "Pensando en ti" é un punto de encontro para moitas persoas, a partires do directo polo teléfono compártense, nun ton distendido, experiencias persoais opinións...Incluso, a miúdo, convértese nun servicio informativo a través do que os oíntes transmiten o que pasa arredor deles; calquera cousa que ocorra en Galicia é sabido que se comentará en "Pensando en ti", como o caso da Ponte das Pías en Ferrol, foi este programa o primeiro no que se comezou a falar del. Emítese de domingo a xoves, de 2:00 a 7:00, coa voz de Marcial Mouzo. |
A radio de noiteCada noite, en soidade ou en compañía, convértese en refuxio, entretemento, escapatoria e amiga de millóns de persoas. Por iso gustaríame facer unha pequeniña investigación do que é a radio, ponte e vehículo de información, emocións..., a esas horas, algunhas voces famosas, programas e principais temas.
Temas
ArchivosEnlaces |