|
Se muestran los artículos pertenecientes al tema noticias. 02/06/2005Listado actualizado das frecuencias de Radio Galega MúsicaSantiago de Compostela:104.2 Ferrol:106.3 A Coruña:92.1 A Cova (centro de Lugo):96.6 Ourense:95.6 Lugo:106.2 Pontevedra:101.4 Xiabre:88.0 Un ano de "Protagonistas"Luis del Olmo, director e presentador de Protagonistas, ( o programa máis antigo da radio española)entrevistado por La radio al Día amosouse satisfeito cos resultados dun proxecto (Punto Radio) que comezou hai un ano e que "veu a potenciar a independencia e a pluralidade" que a radio española viña "reclamando nos últimos anos". Luis del Olmo é un dos xenios da radio no noso país, naceu en Ponferrada (onde fundou un museo da radio) e a súa afición polo medio, que o fixo merecedor de máis dun centenar de premios, comezou con catorce aniños. Se pinchas na foto poderás coñecer algún dato máis da súa biografía e as súas etapas na radio. 28/05/2005Xornadas de folga dos traballadores da RTVG Foron convocadas polo comité interempresas (UGT,CCOO,CIG e USO) despois de once meses de infructuosas negociacións coa dirección de CRTVG.As primeira xornada foi o antesdonte, xoves 26 cun paro de 12:30 a 14:30 e outro de 18:30 a 20:30. Máis de 250 traballdores estiberon concentrados no exterior das instalacións de San Marcos (segundo o comité de folga o 90% da plantilla que non estaba obrigada a cumprir os servizos mínimos e segundo a CRTVG o 30%. Considerando que unhas boas condicións laborais son a base para garantizar que non exista manipulación nos medios; e tendo inda recentes as escandalosas actuacións da canle de radio e televisión nos episodios da guerra de Irak e o Prestigee considérase que non houbo ningunha mellora. Os traballadores reclamana fin da precariedade laboral (un gran número de traballadores foi contratado por medio de ETTs e outras terceiras empresas nas empresas que conforman o grupo da CRTVG) pídese a estabilización do emprego nas tres sociedades. Dende 1992 non se incrementou nin mellorou a plantilla de traballadores da CRTVG, ademáis reclámase un aumento de soldo do 5% ata o 2007 CRTVG declarou que non ten a capacidade presupuestaria e legal para responder a unhas demandas que considera excesivas, ademáis de exceder o marco sociolaboral galego. Nun comunicado de prensa, asegurou que, como servizo público, garantiza as súas emisions cos seus medios dispoñibles durante os días de folga. Lamenta que o comité de empresa rompera "unilateralmente" as negociacións e decidise convocar o paro. En canto ás posibles represalias por parte da CRTVG ós traballadores que non son fixos e que secunden esta folga, os representantes deste órgano precisaron que manterán unha reunión co xefe de inspección de traballo para determinar quen son os que teñen que traballar e cales non durante las xornadas de paro. De feito, á folga sumouse un numeroso grupo de traballadores contratados, recibido cun forte aplauso. As xornadas de paro continuarán o vindeiro día 29 e en diferentes días do mes de xuño, incluído o día 19 (eleccións autonómicas),sete días diferentes durante la precampaña, la campaña e o día das eleccións(25 e 29 de maio, 2,3,9,17 e 19 de xuño). Ademáis entre as 22.00 horas do2 de xuño ata as 22.00 horas do 3, terá lugar unha folga de 24 horas. O comité de empresas apuntou que o calendario de mobilizacións se pode modificar e ampliar no caso de que non se chegue a ningún acordo, polo que é posible que continúen despois da xornada electoral, independientemente de quen gañe. 17/05/2005Pedro Piqueras aposta por rexuvenecer a parrilla de RNEO sábado, 14 de Maio, Pedro Piqueras anunciou en Rencontré 2005, cita bianual dos responsables das emisoras que integran a Unión Europea de Radiodifusión (UER) algunhas das medidas que se pensan tomar para a consecución deste propósito de modernizarse nun mundo dominado pola televisión e internet. A partires da próxima temporada comezaremos a notar uns cambios na programación que, sen ter o fin exclusivamente lucrativo doutras emisoras, tamén quere ampliar a súa audiencia. Non se trata de revolucionar a programación de RNE, senón que, sen deixar de apostar polas voces xa consolidadas (Julio César Iglesias, Olga Viza, Ana Solanes e Pepa Fernández, entre outros)incluirase a emisión dos formatos máis innovadores de Radio5 en Radio1, como son Tolerancia cero, sobre violencia doméstica; La tierra prometida, que se adentra no mundo da inmigración; Entiendas o no entiendas, aberto á actualidade do colectivo gay; Jóvenes.com, sobre temas da xuventude, e Emprendedores, para indagar en novas iniciativas empresariais. Ademáis fálase de incluir de novo o radioteatro. Estaremos atentos a ver se son quen de cumplir os seus propósitos de modernización. 13/05/2005Xa non chegan cartas a "La Gramola"Sen desmerecer o labor que está a realizar Agustín García, como fiel gramoleira ó longo de tres anos, gustaríame expoñer uns sucesos que me extrañan, alarman e sorprenden; invitando a outros gramoleiros a que plasmen aquí a súa opinión. O 31 de decembro do 2004 Joaquín Guzmán, tras 10 anos sendo conductor do programa "La Gramola"(creado a iniciativa súa), desaparece, sen oportunidade de despedirse, das emisións deste espazo radiofónico, a petición do director de M80, Manuel Dávila e o das cadeas musicais da Ser, Jorge Flo. O lexendario locutor foi despedido por mor dunha nova extratexia da emisora na que se prima a música en detrimento das voces, segundo eles Joaquín Guzmán é especialista en música española e cantautores, e preténdese especializar o espazo na música dos oitenta. A gota que colmou o vaso neta sinistra expulsión foi a ameaza de retirar a candidatura ós premios da Academia da Música ó millor programa de radiofórmula, nos que "A Gramola" resultou premiado, se se mantiña a invitación de Guzmán para asistir ó evento. Él quedou na casa e a cadea negou os feitos. Agora Joaquín tamén se foi da Ser, onde non se atopaba satisfeito. O certo é que miles de oíntes protestan onde poden pola súa expulsión do programa, que, por certo, xa non se trata do cálido espazo onde os oíntes contaban historias e pedían cancións a través de cartas e do teléfono, agora só sirve o sms e o email. Xa non existe o carácterístico son da caída das moedas e "Bienvenido a la Gramola, ésta es su elección" que caracterizaban o programa. Os gramoleiros pregúntanse polas razóns que levaron á cadea a cambiar o locutor e o formato dun espazo tan exitoso, co tempo saberase.eldial.net 03/05/2005A federación de Asociacións de Radio e TV concede as 33ª Antenas de OuroA Federación de Asociacions de Radio e Televisión, distinguíu con tres galardons a Punto Radio. Os prestixiosos premios recoñeceron la traxectoria profesional de Javier Fernández Arribas, xefe dos Servicios Informativos da cadea radiofónica, e o labor de Josep Pedrerol e José Ramos Marcos, polo magazín nocturno El mirador del deporte.Además, o xurado premiou no apartado de emisoras locais o espazo «La Ciutat de tots», que presenta Albert Castillón en Punto Radio en Cataluña. Na modalidade de radio tamén foi recoñecido o programa La brújula, de Onda Cero, que dirixe Juan Pablo Colmenarejo, así como «No es un día cualquiera», que conduce Pepa Fernández en RNE, e La Linterna da COPE, que presenta Cesar Vidal. ABC 28/04/05 23/04/2005As cadeas de radio gañan máis de un millón de oíntes a comezos do 2005As radios españolas pasan dos 20.918.000 oíntes de finais do 2004 a 21.923.000, segundo a primeira oleada do EGM, dada a coñecer en Marzo. A cadea SER mantense de líder, subindo a 5.157.000, seguida da COPE con 2.478.000, e Onda Cero. RNE non está incluída no estudo, trala decisión que tomou de abandoar o EGM no 2003, nin Punto Radio, que inda se atopa nos eus inicios e que formará parte da próxima oleada. E xa falando dos programas, segundo as distintas franxas horarias, á mañá segue en cabeza "Hoy por Hoy"(SER), á tarde "La Ventana"(SER) e de noite "Hora 25"(SER), "La Linterna"(COPE) e "La Brújula" (Onda Cero). No apartado de programas deportivos nocturnos segue liderando a oleada "El Larguero"(SER), seguido de "El Tirachinas"(COPE) e "Al Primer Toque" (Onda Cero). En canto a radiofórmulas musicais a Cadena40 segue levando os millores resultados de audiencias, seguida de Kiss FM e Cadena Dial, que descendeu ó terceiro posto cunha perda de audiencia. Super Radio 29/03/2005Homenaxe a Joaquín Luqui Compañeiros e amigos de Joaquín Luqui, falecido hoxe en Madrid, así como diversos cantantes, recordaron esta mañá a importancia que para a radio tivo este experto no mundo da música. A capilla ardente do xornalista e locutor dos 40 Principales, cuxos restos mortais serán mañá incinerados no Cementerio da Almudena e logo trasladados á súa vila natal, permanece hoxe instalada no tanatorio madrileño da M-30.Por Redacción / Agencias / los40.com Madrid (28/03/2005) noticia |
A radio de noiteCada noite, en soidade ou en compañía, convértese en refuxio, entretemento, escapatoria e amiga de millóns de persoas. Por iso gustaríame facer unha pequeniña investigación do que é a radio, ponte e vehículo de información, emocións..., a esas horas, algunhas voces famosas, programas e principais temas.
Temas
ArchivosEnlaces |