|
Se muestran los artículos pertenecientes al tema Curiosidades e novidades. 02/06/2005Programas máis famosos de... Se tes máis de 50 anos quizais che apeteza recordar o que mantiña á túa nai pegada ó aparello á mesma hora de sempre cando viñas da escola, porqué alguén tarareaba unha canción na que dicía que todos sodes formidables...Se es máis novo será interesante coñecer qué era o que soaba nese aparello que ocupaba o sitio da televisión de oxe, o principal entretemento nunha época na que segundo moitas avoas "se sabía escoitar". Veleiquí uns dos principais testigos do grande cambio de ideoloxía que sufriu a nosa sociedade, de que os tempos, inda que pouquiño a pouco, si que mudan. 28/05/2005Podcasting: a nova revolución da radio en internetCoa chegada de internet a fogares de todo o mundo, as emisoras de radio comezaron a transmitir na rede mediante tecnoloxía de streaming (ou sexa, en directo) pero coa extensión dos reproductores con disco duro incorporado ( MP3 ) os usuarios buscan poder levar os contidos a calquera lugar. Igualmente, numerosos creadores non se conforman con publicar a súa listaxe de cancións en MP3 senon que queren chegar máis aló con auténticos programas producidos por eles mesmos. Deste xeito naceu o podcasting, arquivos de contidos sonoros, xeralmente falados, que son colgados na rede polos seus autores cunha certa periodicidade. Dise deles que causarán unha revolución semellante á dos weblogs, que supoñen para a radio o que os blogs supoñen para a prensa. Por iso, son unha alternativa para todas aquelas persoas ás que lle guste a comunicación sen ningún tipo de censura. Inda que se poida considerar o contrario, o podcasting non ten porqué ser unha ameaza para a radio tradicional, será un enriquecemento pois supón unha millora na calidade de sonido e son unha alternativa real para facer chegar programas especializados ós oíntes, que poderán escoitalos sen depender dos horarios. De feito, as cadeas españolas comezan a sumarse a esta innovación, a pioneira foi a Ser pero xa se están a sumar outras como a COPE ou a madrileña Radio Círculo. En San Francisco, onde o podcasting está moi extendido, unha gran cadea comercial xa emite tódolos seus contidos neste formato. Polo de agora aínda non se creou ningún en galego. O directorio básico en España de podcasts é Podcast-es, nel atoparás programas sobre tecnoloxía, música, cine, cociña, dereito, poesía e moitos outros temas. Se ti tes tempo, ganas e cousas que contar sobre calquera tema, só precisas un micrófono e un programa para grabar e editar sons, como Audacity; unha vez creado o MP3 con todo o que queiras contar débelo colgar en internet e poñelo en circulación mediante un RSS, para o que podes empregar programas como Easypodcast ou Loudblog. 20/05/2005Momentos memorablesA radio é o medio cercano e espontáneo por excelencia, durante a retransmisión dun programa, sobre todo si se trata dun de tertulia ou un no que interveñen os oíntes(esas persoas que non teñen guión). Algunhas cadeas de radio brindan na súa páxina web a posibilidade de escoitar a súa programación, que normalmente se perdería nas ondas. En especial a cadena Ser é moi interesante pois permite rememorar ou descubrir situacións interesantes e inolvidables que teñen ocurrido durante a retransmisión dun programa e que, na maioría dos casos, non foron previstas. Por exemplo, no arquivo do mítico A vivir que son dos días escoitei a Saramago falando da soidade de recibir a noticia de gañar o premio nobel de literatura lonxe de seres queridos, cando ninguén te acompaña na viaxe. A RTVG da a oportunidade de escoitar un programa que xa fora emitido e que che apeteza escoitar de novo, o mesmo fai Onda Cero,e a maioría das grandes cadeas que están colgadas na rede. 17/05/2005Sistemas de medición de audienciasQuizais a ti, como a min, che soe extraño o feito de que sepan dicir que tantos millóns escoitaron este programa mentres só uns centos de persoas escoitaron este outro. O certo é que os métodos de medición de audiencias están sendo postos en duda. Por exemplo RTVE decidiu que non quería aparecer no EGM alegando que non se reflexaban os datos reais das audiencias. As radios públicas europeas, reunidas o sábado na «Rencontre», foro das radios públicas europeas organizado por Radio Nacional de España, estiveron de acordo en que a radio necesita unha transformación técnica e social que se adapte ás transformacións de sociedade; así como un sistema de medición de audiencias máis sofisticado que recolla tamén as características cualitativas da audiencia. 14/05/2005¿Quen?¿Cando?¿Como?Probablemente, dende que naceches, esa incomprensible caixa que emite voces e cambia de conversa segundo ande o teu ánimo formou parte do mobiliario da túa casa, coche. O máis seguro é que máis dunha vez o seu murmullo che servise para afogar un silencio incómodo, e algunha outra te fixo enmudecer a ti con algo do que dixo. Seguro que recordas cal era o programa que os domingos á mañán facía sorrir ós teus pais, ou aquela canción que soou no momento máis adecuado, pode que ata tiveras a sorte de que alguén che falara só a ti a través dela. Foron necesarias unhas cantas persoas, importantes descubrimentos e bastantes anos para facer posible a radio, ¿non che gustaría descubrilos? 07/05/2005Fallo das emisoras galegasHoxe descubrín o porqué de non atopar apenas información das emisoras galegas, a gran maioría non teñen páxina web o que, para a miña opinión ha de ter consecuencias á hora de darse a coñecer e reducirá, posiblemente, o número de oíntes. En Pontevedra de 66 emisoras rexistradas só teñen páxina propia 14; na Coruña de 75 22; en Lugo de 36 14;e en Ourense de 31 10. Ademáis a maioría das páxinas non son de emisoras propiamente galegas, a cadena COPE, os 40 Principais, Cadena Dial, M80, a Ser son das máis preocupadas por ter unha web. E tamén as emisoras pertencentes á administración. Así que, dende a miña humilde posición e en nome de tódolos navegantes, animo ás novas e vellas emisoras galegas (e non galegas) a que se fagan cun oco na rede, porque vos queremos coñecer. Portal mundos: directorio das emisoras de radio de España |
A radio de noiteCada noite, en soidade ou en compañía, convértese en refuxio, entretemento, escapatoria e amiga de millóns de persoas. Por iso gustaríame facer unha pequeniña investigación do que é a radio, ponte e vehículo de información, emocións..., a esas horas, algunhas voces famosas, programas e principais temas.
Temas
ArchivosEnlaces |