Se muestran los artículos pertenecientes al tema Principais voces.

02/06/2005

Volve Joaquín Guzman

Joaquin_Guzman_03.jpgXa fai algún tempo falei nalgún post de Joaquín Guzmán e da Gramola, o programa nocturno que me namorou da radio, o principal responsable do título deste blog.
Trala súa escura despedida da Gramola de M80 Radio foron moitos os gramoleiros e profesionais do medio os que se manifestaron na rede, en revistas, xornais e onde podían , contra o mal trato que recibíu Joaquín.
Falouse do trato que dan as empresas ás persoas, que moitas veces soamente son consideradas como números que han de facer cadrar as contas de fin de mes (véxase artigo de Fernando Martínez, director de Europa FM en La Razón, 06-05-05).
Pois ben, Joaquín demostrou que, ademáis dun bo profesional, é un amante da radio e a música,a Gramola de antes ( a das moedas, o café coa versión orixinal e na que cabía calquera tipo de música que quixesen os oíntes) volta, pero esta vez dende a rede: La Gramola FM
02/06/2005 16:53 Enlace permanente. Tema: Principais voces Hay 1 comentario.

30/05/2005

Carlos Herrera de volta nas mañáns de Onda Cero

Carlos Herrera é un gran periodista. Adicouse fundamentalmente á radio, comezou a súa carreira profesional en Radio Sevilla alá polo ano 1977, de feito, o seu itinerario vital trázase, fundamentalmente, entre Barcelona e Sevilla, sendo ésta última o seu lugar de residencia.

páxina oficial de Carlos Herrera

Pasou por Radio Miramar de Barcelona, de onde saltou a Radio Popular de Sevilla e de Madrid, alternativamente, nas que realizou programas como “España en Pijama” e “Caperucita y El Lobo”.

Tamén pasou pola cadena SER con “Coplas de Mi Ser” e voltou á COPE con “La Mañana”,paso previo á súa estancia en Canal Sur Radio de onde saltou a realizar o programa "Buenos días" en RNE.

Actualmente, tras un breve paso polos Estados Unidos de América, tras ter dirixido Onda Cero Radio "Herrera en la Onda”, tódalas tardes de catro a oito, continúa con el ás mañáns de seis a unha da tarde, de luns a vernes..

A súa carreira profesional tamén pasa pola televisión, ademáis de seguir escribindo semanalmente en ABC, Diez Minutos e El Semanal. Tamén é autor de varios libros (Abróchense los cinturones, La hora de los fósforos,...)

E tamén tivo numerosos recoñecementos na súa carreira xornalística ( tres premios ondas de radio, dúas antenas de ouro, dous micrófonos de prata, pluma de prata do Clube da Escritura, Premio Nacional de Periodismo Pedro Antonio de Alarcón...)."

30/05/2005 11:18 Enlace permanente. Tema: Principais voces Hay 1 comentario.

28/05/2005

Querido e odiado Jiménez Losantos

A Conferencia Episcopal, organismo que controla á cadena COPE renova por dous anos máis o contrato de Jiménez Losantos,que dirixe e presenta La Mañana
O polémico locutor é obxeto de moitas críticas polas súas declaracións que, a miúdo, rozan na intolerancia. Pero o certo é que,en menos de dous anos, dobrou a audiencia do seu programa, véndose reforzada por certo un alonxamento da dereita política por parte de RNE co cambio de goberno. Inda que Jiménez Losantosdi que isto débese, simplemente, a que a COPE é o millor referente intelectual para a dereita na radio, así como a principal alternativa á Ser.
Pero, ¿quen é Jiménez Losantos? Naceu en Orihuela del Tremedal, Teruel, o 15 de Setembro do 1951. Ós dez años gañou unha beca rural, que conservou durante todos os estudios. Fixo o Bacharelato en Teruel, no Instituto de Enseñanza Media e no Colegio "San Pablo" tivo mestres como José Antonio Labordeta ou José Sanchis Sinisterra cos que fixo teatro e que influiron decisivamente na súa vocación literaria. Ós dezaseis publica os seus primeiros poemas e relatos.
Estudia os comúns de Filosofía e Letras en Zaragoza e a especialidade de Filoloxía Española na Universidade Central de Barcelona. Estudió Psicoanálisis con Oscar Masotta e foi un dos fundadores da Biblioteca Freudiana de Barcelona.

Actualmente dirixe e presenta o programa "La Mañana" na Cadena COPE, tras ser durante anos o director de "La Linterna". Dirixe a revista "La Ilustración Liberal". É editor do xornal de opinión en Internet "Libertad Digital", fundado no ano 2000. Tamén é columnista do diario "El Mundo" e da revista "Época".
28/05/2005 01:25 Enlace permanente. Tema: Principais voces No hay comentarios. Comentar.

20/05/2005

Un dos grandes

A radio, o xornalismo e a literatura teñen o privilexio de ser as súas grandes paixóns. Fernando Delgado di que non pode queixarse, pois sempre fixo o que quería facer na vida, de feito combina estas tres facetas colaborando en xornais, dirixindo A vivir que son dos días nas mañáns dos sábados e domingos da Cadena Ser e é escritor, non só polo mero feito de publicar novelas, senón que o considera unha maneira de estar na vida, presente na intimidade e, "por sorte", na súa profesión.
Naceu en 1947 na illa de Tenerife. Dende os 14 escribe nos xornais, ós 17 foi á radio facer un programa da escola e xa nunca saíu dela, agás breves momentos. Estudiou Filosofía e Letras e Xornalismo. Articulista na prensa nacional, foi o primeiro director de Radio 3 e por dúas veces director de Radio Nacional de España. Foi tamén responsable dos programas xerais de Radio Exterior de España e conselleiro de RTVE.
Dende os 18 anos escribiu numerosos libros e tamén pasou pola televisión, onde segundo palabras súas, considera que xa pasou o tempo suficiente.
Este locutor que para ser positivo ante a vida se repite que "cada día ten o seu afán" recibiu numerosos premios, dos que di que non olvida ademáis as súas consecuencias negativas.
20/05/2005 13:49 Enlace permanente. Tema: Principais voces No hay comentarios. Comentar.

28/03/2005

CONSULTORIO DE ELENA FRANCIS

nostalgia-radio-elena.jpgNos años 40 a radio experimenta importantes cambios e comeza os seus anos dourados. A programación que ata entón era básicamente musical, introduce grandes novidades: seriais, concursos, consultorios... convertíndoa en compañeira e confidente.
Neste contexto nace un dos programas máis recordados y emblemáticos da radiodifusión en España:”El consultorio de Elena Francis”.
Dirixido principalmente á audiencia feminina, o programa atendía as consultas das oíntes, xa foran de beleza, cociña, saúde, xardiñería... Pero sin duda foi evolucionando co tempo ata convertirse básicamente en consultorio sentimental. Pronto se converte nun dos programas máis populares, chegando a mantenerse en antena durante 37 anos.
Un dos misterios que rodeaba ó consultorio, era a identidade da Señora Elena Francis, que chega a convertirse nun dos personaxes radiofónicos máis queridos, sendo en realidade un ser ficticio.
Francisca Bes foi a auténtica “Elena Francis”, a persoa de quen partiu a idea do consultorio, o perfil da famosa personaxe, sentou as bases do programa y ata elixiu a sintonía do mesmo.” Indian Summer” de Victor Herbert, é a melodía que a todos nos ven á mente ó recordar o consultorio, que forma parte da memoria colectiva dos españois e galegos.
Así o consultorio nace como un espazo que aconsella á muller ó mesmo tempo que publicita os cosméticos e os servizos do instituto de beleza da familia Fradera, a do home de Francisca. Iniciouse no 1947 en Radio Barcelona, onde permaneceu en antena durante 19 anos,a duración de cada emisión era duns 30 minutos nos que se daba resposta a 7 cartas. A media mensual eran aproximadamente 168. Para seleccionalas y respondelas “Elena Francis” contou nos seus inicios cun equipo de guionistas que se documentaba sobre os diferentes temas para buscar o consello ou resposta máis apropiado de acordo cos principios morais do réxime do momento.
“Elena Francis” respondía con seriedade e rigor a tódolos temas, aínda que se censuraban os relacionados coa política. Cando o caso das consultantes o requería , éstas eran remitidas a un especialista.
Durante os anos da transición, o consultorio tivo que adaptar as súas respostas á nova realidade de España, abandoando a imaxe conservadora para facerse máis aberta e liberal..
Ó longo da súa traxectoria a suposta “Elena Francis” tivo diferentes voces (María Garriga, Rosario Caballé,Maruja Fernández...). O 31 de xaneiro de 1984 , tras ter caído os seus índices de audiencia, “Elena Francis” desaparece definitivamente das ondas de forma imprevista e provocando certo alboroto entre os oíntes máis fieis, incapaz de loitar contra unha imaxe demasiado conservadora para os anos que corrían.
28/03/2005 18:47 Enlace permanente. Tema: Principais voces Hay 1 comentario.




A radio de noite

Cada noite, en soidade ou en compañía, convértese en refuxio, entretemento, escapatoria e amiga de millóns de persoas. Por iso gustaríame facer unha pequeniña investigación do que é a radio, ponte e vehículo de información, emocións..., a esas horas, algunhas voces famosas, programas e principais temas.

Temas



Archivos

Enlaces


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]