Se muestran los artículos pertenecientes al tema ¿Qué ten de especial a radio de noite?.

14/06/2005

A millor imaxe: na radio

Non, non é que ande de vacacións precisamente, é máis, xa se podía agochar algo o sol ata Xullo: ¡Que dura é a vida do estudiante!
De nenos, antes de pechar os ollos moitos tivemos o privilexio de que alguén nos contara un conto, ese conto que sería a ponte dos nosos soños, porque xa rematara o día, só quedaba taparse ben e soñar... Os problemas quedaban lonxanos (polo menos ata o día seguinte), a maior preocupación era quedar cedo a durmir para que teus pais non se enfadaran e...¡para levantarse con moita máis enerxía pola mañá!
E, ¿Qué tiñan eses contos de especial? Que os debuxos facíamolos nós, ó noso gusto e xeito: a princesa tería cara de parva e o lobo sería como o bo pastor alemán da veciña, porque era o noso conto.
Co paso dos anos os problemas fanse, quizais, máis serios. E cada noite, cada día son millóns as persoas que deciden prender ese aparello multiforme e soñar, quizais cambiar de preocupacións, quizais sentirse acompañados por outras persoas inquedas...
O certo é que a radio é un xerador de infinitas imaxes,o máis visual dos medios de masas. Podedes votarlle unha ollada ó artigo da miña compañeira Elena do 8 de xuño, é moi interesante,(iso que estamos en exames).
14/06/2005 12:24 Enlace permanente. Tema: ¿Qué ten de especial a radio de noite? No hay comentarios. Comentar.

11/04/2005

Desafogarse

De noite, a radio deixa de soar como ruido de fondo, co ir e vir dunha realidade que xamais se detén, para cobrar o ton íntimo dunha amiga e confidente. Por iso, os programas nos que paricipa o oínte, moi comúns dende os inicios deste medio, cobran especial relevancia a estas horas.
Sobre todo para as persoas que están ou se senten soas, é moi importante o feito de saberse comprendidas por alguén(inda que para elas tan só sexa unha voz) e escoitar outras persoas que necesitan desafogarse. A miúdo, o locutor non ten ningún coñecemento de psicoloxía, por iso o programa fano os oíntes que cada noite, mediante carta(tendencia cada vez menos seguida), correo electrónico, teléfono ou fax; fan das súas inquedanzas algo, en certa maneira, universal.
Dise que a radio é un servicio público, presta ós cidadáns o seu dereito á información e á liberdade de expresión. Pero tamén se debe resaltar a súa importancia no sentido en que proporciona unha ocasión de comunicación a aquelas persoas que, por uns ou outros motivos, non teñen a oprtunidade de tela e, ó mesmo tempo, a posibilidade de evitar un sentimento que resulta negativo.
É moi común que as íntervencións feitas polos oíntes destes programas compartan moitos rasgos co xénero literario da confesión, é dicir, desesperación por atoparse escuro e incompleto e afán de acharse, buscando algo onde recoñecerse.
Por iso, esta modalidade participativa é unha maneira de liberación, pois permítelle á xente compartir as súas situacións de alegría ou miseria. É algo moi positivo e apreciado pola audiencia a súa existencia.

06/03/2005

"os programas de radio nocturnos"

Neste artigo, Ruth García fai unha introducción do que é o xénero da radio nocturna, o que supoñen estas emisións nun medio ó alcance de milleiros de persoas e, polo tanto escoitado por unha grande audiencia.
Cunha labor informativa, de entretemento ou de axuda, é esta última función a máis aclamada polo público xa que, estes programas son, a miúdo, unha especie de servizo público, onde os oíntes se converten en protagonistas e saen a relucir múltiples problemas entre os que destaca a soidade.
A autora fai un breve percorrido polas principais voces destes espazos, dende Fina Rodríguez ata Genma Nierga, Encarna Sánchez ou Elena Francis."Los programas de radio nocturnos"




A radio de noite

Cada noite, en soidade ou en compañía, convértese en refuxio, entretemento, escapatoria e amiga de millóns de persoas. Por iso gustaríame facer unha pequeniña investigación do que é a radio, ponte e vehículo de información, emocións..., a esas horas, algunhas voces famosas, programas e principais temas.

Temas



Archivos

Enlaces


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]